Programa de Balnearios da Deputación Provincial

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

balnearios.jpgO Concello de Pontecesures participa no Programa Diúrno de carácter lúdico no balneario Termas de Cuntis que organiza a Deputación de Pontevedra poñendo 55 prazas a disposición dos veciños e veciñas que cumpran os requisitos de participación.
O programa facilita a asistencia ao balneario de Cuntis durante unha semana (de luns a venres), incluíndo o transporte e a estadía durante 2 horas diarias para a utilización das instalacións. A quendas terán lugar en abril, maio e xuño.

Os participantes teñen que aboar 3,60 �/día, isto é 18 � por toda a semana.

Os requisitos son os seguintes:

* Estar empadroado e ter o domicilio en Pontecesures.
* Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións do comportamento nin enfermidade infecto-contaxiosa.
* Ser pensionista, ser coidador principal dunha persoa dependente ou ter 50 anos cumpridos.

As solicitudes presentaranse acompañadas do DNI, certificado de empadroamento, informe médico, e outros documentos que acrediten as circunstrancias alegadas na solicitude.

Os prazos para presentar as solicitudes estarán abertos ata o vindeiro 10 de abril. Máis información se facilita no Servizo de Atención Primaria do Concello de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.