Curso de iniciación ao galego en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

fala galegoVaise realizar un Curso de Iniciación de Língua Galega no municipio coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia. Está prevista a realización deste curso nos meses de abril e maio, cun horario aproximado de 2 horas diarias (de 19 a 21 horas, ou ben de 20 a 22 horas) durante tres ou catro días á semana.

Os interesados deben anotarse nas oficinas da Casa do Concello de Pontecesures, presentando unha solicitude (o impreso será facilitado nesas oficinas) e a fotocopia do DNI. O prazo de inscrición remata o vindeiro 13 de abril.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.