Os documentais foron proxectados no Centro Social.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 20,30 foron proxectados os documentais «Os mares doces de Galicia» e «As Patifas» dentro dos actos da XII Festa da Lamprea. Os documentais foron moi interesantes e foron moi aplaudidos.

A proxección de «As Patifas» foi seguida con emoción polo numeroso público que asisteu ao Centro Social (sobre todo asistiron familiares e amigos das protagonistas e dos integrantes do equipo de traballo). Recolléronse no curto as impresión de catro patifas históricas de Pontecesures: Carmen «A Maquena», Carmen «A Pastora», Rosa «A Picafolla», Candita «A Casadiña» e María «A Tinguitanga». O equipo de traballo foi o formado polos xóvenes cesureños/as Ana Cristina García Alvarez, Ana Teixeira, Rita Diz Gil, Diego Gonzálves Ranz e Martín Teijeiro Enrique. O director foi Pachi Baranda e a productora a empresa Taller de Insomnios.

Ao remate o alcalde entregou ás cinco patifas (catro estiveron presentes e «A Maquena» foi representada pola súa filla por razóns de saúde) unha figura da Cerámica Celta de A Calera.

Noraboa as patifas, ao equipo de traballo, ao director e á productora.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN


6 comentarios

Eu sei · 20-04-2007 a las 14:14

Pero se ti non estabas presente neses actos no Centro Social.Tamén falas deso por segundas persoas.As noticias sempre hai que dalas de primeira man.Moito che gusta figurar.Haber hoxe a quen defendes.Seguro que se che dan a oportunidade de formar un bi ou tripartito e pasas por alto toda esta movida contra Angueira.

noa · 20-04-2007 a las 14:55

eso lo sabe todo el pueblo no nos estas diciendo algo nuevo.a la noche le va a dar caña a angueira y a maribel y en junio gobierna con ellos.un saludo

Luis Angel sabariz Rolán · 20-04-2007 a las 19:20

Efectivamente, non estiven no Centro Social o sábado (tiven uha reunión política practicamente á mesma hora). Non son un correspondente deste medio pero como son colaborador informeime por unha persoa de confianza. Fixen a entrada e agradeceumo moita xente ao tratarse dun acto entrañable. Penso que é moi bo dar as novas que se coñecen, «Eu sei». ¿Por qué criticas que se informe das cousas?.
No da gobernabilidade tanto «Eu sei» como «noa» estan erradas por completo.

Jose · 20-04-2007 a las 20:12

Porque non se creen ese discurso electoralista que estas empeñado en meternos polas orellas.Todo o fas perfecto, todo o coñeces, sabes de todo, estas sempre no lugar da noticia.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-04-2007 a las 22:25

Din unha explicación das razóns polas que puxen esta entrada, e xa estás a dicir, «Jose», que fago electoralismo. Por suposto que teño moitos defectos e cometo erros como todo o mundo.
Escribo ás mensaxes co mellor texto posibel segundo o meu xeito de redactar. Non sei porque te metes conmigo.

From Valeiro´s Square · 20-04-2007 a las 22:27

supoño que todas non poderían estar, pero máis históricas que a ??A Tinguitanga?: Carmen a «Perruja», Lourdes «A raposa»; Carmen «a Mambisa»; «Tilocha» (con súa nai «Tila») a de Manolo o pesado, Candita «A conexa» ;; de menor a maior todas patinaron polas aldeas, coa panela na cabeza, hai máis.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.