«Hai moita xente no PP á que lle gustaría que eu dimitise»

Publicado por Antonio Cortés en

Entrevista a Pose.

Pasou o que pasou. E hai voces que piden máis dimisións ca de León. Pose en absoluto o comparte.

A min nin se me pasa pola cabeza dimitir. ¿De que, ademais? Se se trata da secretaría provincial, habería que facer un balance do conxunto de labor político na provincia. Hai cousas que saíron mal, efectivamente, fálase de Pontecesures, de Sanxenxo. Pero tamén cousas positivas, como as alcaldías de Silleda, A Estrada ou O Grove. Do que non teño dúbida é de que no Partido Popular hai moita xente á que lle gustaría que eu dimitise. A Núñez Feijoo, sen ir máis lonxe. Gustaríalle que no PSOE dimitísemos todos os que traballamos.

¿Que me di do seu propio partido?

Mire, a pesar de que as miñas responsabilidades van máis aló de Vilagarcía e están en toda a provincia, se eu sentise que o meu respaldo no Partido Socialista de Vilagarcía non existe ou é escaso, sería o primeiro en pasar a ser un afiliado de base máis. Aquí non hai sillóns aos que atarse.

Pero antes falaba de dar a cara. ¿Como, entón?

Hai un órgano que é o fundamental deste partido, o lugar onde se toman as decisións: a asemblea de militantes. A executiva vai convocar unha asemblea para analizar os resultados e o que ocorreu logo das eleccións. ? alí onde hai que dar a cara e manifestar todas as críticas, dúbidas e propostas. Aí é onde hai que falar. E eu vouno facer, como fixen sempre ao longo da miña vida política. Nunca tiven nada que ocultar, nin na miña vida profesional, nin persoal, nin política.

Hai outras voces que entenden que o caso de León demostra a catadura dos partidos políticos…

Hai unha corrente inducida por sectores influíntes en contra dos partidos en xeral. Aos poderosos deste mundo gustaríalles que non existisen organizacións deste tipo. Organizacións que, con todos os seus problemas e os seus erros, son capaces de xestionar o ben común e poñerlle freo aos desmandes dos que sempre queren tirar tallada e beneficios sen importarlles nada máis. Sen partidos políticos, o económico sería o único raseiro para medir calquera xestión. ? doado facer esa crítica cando un non pensa nin pasa todo o día traballando para conciliar posicións e aclarar criterios.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa


4 comentarios

HOXE · 12-07-2007 a las 19:38

Sr. Pose, está muy bien que usted haga balance global de la provincia de pontevedra y le salgan las cuentas, y hasta que se sienta satisfecho. Lo entiendo. Pero yo si fuese usted no estaría tan satisfecho. ¿Recuerda el caso de PONTECESURES?. Claro que lo recuerda, no le quite la relevancia que tiene.

Permitame decirle que NO ESTA DEL TODO BIEN

HOXE · 12-07-2007 a las 19:44

SR. POSE, NO ESTA DEL TODO BIEN que diga «hay cosas que salieron mal… se habla de Pontecesures….» como si fuesemos un granito de arena en sus resultados sin relevancia alguna.

Dejeme decirle que este tipo de fallos son muy graves y uno no se los puede permitir ni en un concello de 50.000 habitantes ni en otro que tenga menos de 3000 como es el caso nuestro. MUY MAL, SE?OR POSE, MUY MAL.

Solo le pido una cosa: revise su politica y metodologia de captación de candidatos, o cambie a sus peones, porque el CASO DE PONTECESURES era EVIDENTE:

NO HACE FALTA SER MUY LISTO PARA VER A PRIMERA VISTA QUIEN ES EL CANDIDATO EN EL QUE USTED DEPOSITO EL PARTIDO EN SUS MANOS EN CESURES.

Por lo tanto, mas bien DIGA: ¡me equivoque!, mas bien DIGA ¡metí la pata hasta el fondo!, mas bien DIGA esta vez con mucha humildad ¡donde tendria yo entonces los ojos para no ver lo que era tan evidente!. Y DEJESE DE RESULTADOS, QUE LOS RESULTADOS A VECES CIEGAN Y TERMINAMOS EN LO QUE TENEMOS: En dirección estratégica a esto se le llama MORIR DE EXITO. Eso es lo que usted ha provocado en PONTECESURES: MORIR DE EXITO.

Tiroliro II · 12-07-2007 a las 20:11

Xa creía eu que debes coñecer a este Pose, adiante hoxe presentate ás próximas polo Psoe en Cesures e pilota o barco da agrupación de militantes, serás alcalde con esas ideas que tes de camaradería, e de estratexia, un fenómeno vamos…
Animo que Daniel Chenlo tamén te axudará coma gran estratega deste a Plazuela..

HOXE · 13-07-2007 a las 15:37

Creo que tu también lo conoces TiroliroII, pero le dejaste muy mal sabor de boca ¿o no?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.