Instalacións deportivas no pobo

Publicado por fousellas en

TenisComo veciño que son deste pobo, gustariame facer un chamento a todos os veciños, tanto sexan deportistas ou non, a reclamar ós nosos gobernantes unhas intalacions deportivas suficientes e adecuadas para a practica de todo tipo de deportes, sobre todo no que se refire a pistas de tenis, que son nulas.

Todo esto sendo este deporte moi practicado polos veciños e que se ven na obriga de buscar instalacions nos concellos veciños,Valga, Catoira, Padron ou Rois.

Fago este chamamento porque penso que o deporte e a educacion son as mellores ferramentas para unha sociedade máis xusta e igualitaria, e sobre todo pensando nos nosos fillos para que medren e se desenrolen integramente coma persoas.


11 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-08-2007 a las 22:28

Tes razón, «fousellas». No polideportivo municipal, pódese xogar ó tenis, pero ten poucas horas libres e ademáis á rede está moi deteriorada. Na pista polideportiva do peirao, sería complicado, por razóns obvias, colocar unha rede permanente.
Podería ser unha boa idea solicitar a NESTL? autorización (convenio co concello), para utilizar a vella pista de tenis existente nas súas instalacións. Obviamente habería que facer un arranxo a fondo da pista pois está moi deteriorada.

Idomeneo · 29-08-2007 a las 10:15

Tamén sería unha boa idea que o Concello se movera e construira unhas pistas deportivas en condicións.

fousellas · 29-08-2007 a las 18:34

O que apunta o sr.Sabariz é unha boa solución,pero o que pasa que chega un pouco tarde,porque estase a rematar o vran que é cando se pode disfrutar deste deporte,a non ser que haxa unhas intalacións cubertas en condicións e que permitan a práctica deste deporte xunto cos demáis, e dicir cuestión de espacio, que por desgracia carecemos.

Aparte de seguir insistindo nun novo complexo deportivo,agrupando pistas polideportivas,piscina cuberta etc,etc.

error07 · 29-08-2007 a las 19:43

En Catoira hay dos pistas de tenis al aire libre con red! pienso que las instalaciones de la pista del muelle habria que darle unos arreglos.

Ya que estamos hablando de instalaciones deportivas, no estaria mal hacer un campo pequeño y cerrado como el que hay al lado del campo de hierva artificial de Valga, lo menciono porque muchas veces la pista del muelle esta ocupada por 4 personas y si tu te acercas alli con 9 mas… no cojemos todos, ademas no siempre se logra juntar 10 personas. Con un campo como este, puedes hacer un partido con 4 o 6 personas.

zapata · 29-08-2007 a las 21:35

Boas, vendo esta entrada non podo estar en desacordo con fomentar as instalacions deportivas pero o que me sorprende e que a xente pida e volva a pedir mais instalacions por exemplo unha cancha de tenis. Unha cancha de tenis nova ao descuberto para practicar mes e medio ao ano (se o veran foi coma este menos de mes e medio).
O que e mais molesto e ver como se lle bota a culpa ao goberno este ou o anterior da igual!. Cando sempre que puxeron canastras, porterias novas rompian as redes e deterioraban todo. Unha minoria, si, pero a xente viao e non decia nada. Como o das farolas que romperon no muelle, a xente viao hasta os donos dos pubs pero.. ao ser diñeiro publico non hai fallo.

Unha cancha de tenis para os puretas agora que esta de moda Nadal para que rompan a rede e quede abandoada coma sempre. Sinceiramente creo que é moito mais razoable intentar organizar as actividades no polideportivo por esta razon.

Por ultimo quero rematar xa que como di o comentario «que o deporte e a educacion son as mellores ferramentas para unha sociedade mais xusta». Ese mismo deporte que xa fai ben de anos todos os cativos reclamaban unha pista para patinar e mismo reuniron firmas sabes o que lle dixeron? ja ja ja tomade xustiza

gulli127 · 29-08-2007 a las 22:31

Totalmente dacordo contigo, Zapata. As canastas que estaban no pabillón dende 1986, levan un ano no peirao e menos canastas parecen de todo. As porterias hai que ter coidado de tirar un tiro ao pao ou o longueiro, non vaia ser que se desmonte e lle caia a un rapaz/a na cabeza.
Agora ben, antes de organizar actividades no pabillón, habería que limpia-lo (mellor desinfecta-lo), arranxa-los servicios para o público, arranxa-los servicios dos vestiarios, pinta-lo dentro da cancha e pinta-los (vergonzoso coma estan) vestiarios local e visitante. Eu que xogo no clube de baloncesto, vos aseguro que non vin ningún tan lamentable e tan noxento en todo Galicia.
Por certo, todos teñen unha persoa encargada do mantemento. Non sei a que esperan aquí.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-08-2007 a las 22:49

O pavillón xa ten 21 anos e presenta bastantes problemas. E certo que dende 2000 botouse un novo solo a pista e ós vestiarios, colocouse unha nova iluminación, colocouse unha nova cuberta, adquiríronse unhas novas canastras, etc.., pero tes toda a razón «gulli127» nas tema das deficiencias (fontanería deficiente, WC deteriorados, enchufes rotos, marcador danado, necesidade urxente de pintado de interiores e exteriores, fallan bastantes asentos na grada, etc..).
Podo dicir que estas deficiencias van ser corrixidas neste último cuatrimestre do ano.

gulli127 · 29-08-2007 a las 23:16

Por fin, Sr. Sabariz Rolán, logo destes últimos meses, estou dacordo en algo con vostede. Pero, ¿que hai do da persoa encargada exclusivamente para o mantemento do susodito pabillón?

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-08-2007 a las 14:19

Claro que sería positivo que houbera unha persoa encargada do pavillón (facendo de conserxe, arranxando pequenas avarías, realizando funcións de vixianza, etc..). Eu agora non podo dicir se iso vai ser realidade pronto. O que sí se pode asegurar e que vaise prestar máis atención para ter esta instalación nas mellores condicións posibles.
Saúdos, «gulli127».

zapata · 30-08-2007 a las 18:13

Pareceme ben que se argumente sobre este tema tanto gulli como Sabariz e non estar todo o dia a pedir e pedir. Potenciar o pavillon cunha persoa pareceme o máis correcto e que este pendente dos deterioros. En definitiva, coidar as instalacions para pouco a pouco teren máis e mellor. Un saudo

Cara de cona · 30-08-2007 a las 18:24

Tamén hai un conserxe no colexio e non arregla nin mira por nada…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.