Reunión de antigos alumnos da academia de D. Feliciano.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 12 horas do día de onte, 1 de setembro, tivo lugar esta xuntanza. Na vivenda do número 52 da rúa San Lois (onde estivo situada a academia nos anos 50 e principio dos 60) descobreuse unha placa de mármol coa seguinte inscrición «A HONRA DE D. JOS? FERNÁNDEZ CARL?S E D. FELICIANO TOUCEDA TRASANDE. OS ALUMNOS DA ACADEMIA. O1-09-07».

De seguido os 45 asistentes a esta homenaxe ós seus antigos profesores, dirixíronse, acompañados dos gaiteiros de grupo cesureño «XARANDEIRA», á Capela de San Xulián onde se celebrou una misa oficiada polo crego cesureño D. José Bande que tamén foi alumno da academia.

Ramataron os actos cun xantar de confraternidade no Pazo de Lestrove.

Ademáis de José Bande, tamén asistiron entre outros Manuel Becerra, Juán Daniel Castromán, Enrique Herránz, Evangelina Gil, José Luis Lois, Antonio Rodríguez, Andrés Castroagudín, etc…

Xa é a terceira ocasión que, no mes de setembro, reúnense os antigos alumnos da academia para lembrar o seu paso por este centro de estudo.

Categorías: CulturaPersoeiros

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.