Nada menos que 47 aspirantes para a praza de traballador/a social do concello.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para optar a praza de traballador/a social do Concello de Pontecesures, en substitución da titular Raquel López Doce que está a ocupar con dedicación exclusiva o cargo de 1ª tenente de alcalde de A Estrada, presentáronse 47 aspirantes.
Na maña de hoxe reúnese o tribunal para fixar as cualificacións da fase de concurso (serán publicadas o vindeiro venres 26 de outubro). Como representante do Colexio de Traballadores Sociais no tribunal, foi designada Mª José Thomas Berbén que é a presidenta en funcións da xunta de goberno do citado colexio.

Categorías: Concello

1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-10-2007 a las 20:17

Como chegaron por correo certificado outras dúas instancias (levaban selo con data dentro do prazo), cumpríndose os requisitos da normativa de procedemento administrativo, xa son 49 os/as aspirantes que optan a esta praza.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.