Rematan as tarefas de acondicionamento do cemiterio de Condide.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno municipal de Pontecesures anuncia que remataron os traballos de acondicionamento do cemiterio municipal de Condide. Ademáis do arranxar varios socavóns nas pistas de acceso, houbo actuacións no propio recinto. Así instalouse un alumeado complementario para ampliar a intensidade nestes días, arranxouse a capela e os xardins do recinto.

O equipo de goberno quere darlle prioridade ó mantemento do cemiterio municipal que nos últimos tempos estivo en estado de abandono. Incluso en vindeiras datas vaise botar unha capa de rodadura ó aparcadoiro do propio cemiterio.

Por outra banda, dicir que tamén o concello reforzou o alumeado da rúa de Pilar con proxectores para que haxa boa visibilidade no cemiterio parroquial de San Xulián nos días de Tódolos Santos e Defuntos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.