Total normalidade nesta xornada de visita ós cemiterios.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nun día espléndido celebrouse en Pontecesures o día de Todolos Santos no que tradicionalmente as familias visitan os cemiterios para honrar os seus defuntos. A xornada desenvolveuse cunha total normalidade tanto no cemiterio municipal de Condide (en cuxa capela celebrouse unha misa ás 16,30 horas), como no parroquial de San Xulián (na capela do Pilar a misa foi ás 18,00 horas).

Ambolos dous cemiterios foron arranxados nas vísperas e contaron cunha iluminación complementaria.

Tamén funcionou con normalidade o servizo especial da Policía Local para facilitar o acceso dos veciños ó cemiterio parroquial.


5 comentarios

Terabyte · 1-11-2007 a las 22:39

Moi ben os cemiterios, moi ben condide. Moitísimo mellor a idea do servicio especial de Policía para facilitar o acceso ao camposanto.
¡¡¡Eses son detalles!!! E moi ben o axente ou xefe FRANCISCO, todo un PROFESIONAL CON ESTILO.
Boa noite.

xiana cores · 3-11-2007 a las 17:24

Pero vostede señor Sabariz ata o día de difuntos nos quere vender motos.Ten que vender o alumeado e o servizo da policia local como se fose algo da sua propiedade.E aparte como se este ano fose un día algo fora do normal.Pois que sepa vostede que do alumeado moita xente non se dou nin de conta polo menos en San Xulian.Foi un dia de defuntos como outro calquera.Ou pensa que por estar vostedes no goberno foi distinto.Que nos quere facer pensar con este comentario iloxico.

Tiroliro II · 3-11-2007 a las 18:46

Sabes o que é loxico xiana?. que dos oitocentos e pico votos que tiña o bloque en maio, van quedando menos cada día que pasa…claro que os cementerios están moito mellor…mira con angueira un ano nin aparecía a chave da capilla para a misa, outro non houbo luz e poñían as flores de vísperas axudados polas luces dos coches fora…o abandono do cementerio tremendo, merda e merda por todas partes…

Terabyte · 3-11-2007 a las 18:50

Ahí duro «Tiroliro II», non dixeches mentira algunha.
Por certo aquí saen familias, é a hora dos…»II» : Becquer II, Tiroliro II, os Pirandello, é a hora das TRIBUS, serán das que falaba R.R.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-11-2007 a las 21:57

Non teño a intención de vender motos a ningúen. Penso que a mellor nova no día de Tódolos Santos, foi que non houbo novas. Moito mellor que outros anos en que as houbo pero negativas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.