A Policía descarta que houbera lixo no interior dun piso da rúa Estación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Policía Local de Pontecesures descartou que nun dos pisos do edificio número 15 da Rúa Estación se estivese a acumular basura, tal e como denunciaran no Concello membros da comunidade de veciños. Un axente consigueu que a dona da vivenda (que está inhabitada e sen mobles) o deixara facer as comprobacións e, segundo o seu informe, no interior había só un can, cuxos excrementos e oríns provocaban en ocasións o mal cheiro ó que se referían os residentes do edificio.

O Concello púxose en contacto coa comunidade de veciños para explicarlles que deben ser eles os que resolvan esta situación, xa que a administración local non ten competencias.

DIARIO DE AROUSA, 17/11/07


12 comentarios

xiana cores · 17-11-2007 a las 15:31

Outra gran metedura de pata Sr Sabariz.Saiu da sua boca unha acusación de sindrome de dioxenes sobre esta muller que non se merece.E volveulle a sair o tiro pola culata.Pois como nos acabamos de enterar non existe esa grave acusación.Siga vostede botando a lingua a paseo que asi lle vai.Outra cous penso que non todas as denuncias que chegan a alcaldia se poden facer publicas.Pero vostede como non ten dignidade todo lle da igual ainda que faga moito dano a terceiras persoas.
Maribel pechalle as portas do concello a este home xa que coas suas visitas nocturnas e tamen coa sua imaxinación esta perxudicando gravemente a imaxe de Pontecesures e tamen a moitos veciños.
A súa maneira de facer politica ten un nome «imos a contar mentiras tralala»
A conta de quen sexa e como sexa.Dandolle igual todo.Vostede o unico que da e vergonza.Comence a ter un pouco de respecto polos demais que penso que vai sendo hora.
Non todo vale para facer politica.

Antonio Cortés · 17-11-2007 a las 15:40

xiara, ¿ de onde sacas que Sabariz fixese esa afirmación ?

Neste medio, polo menos, non. So publicou a nova do diario de arousa, e tras lela varias veces sigo sin ver onde pon eso. E na nova indícase que OS VECI?OS denunciaron un feito que, pola descripción, parecía un Síndrome de dióxenes.

Nota: Hai que diferenciar o que publica unha entrada fronte a orixe da entrada.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-11-2007 a las 16:18

Relmente non sei porque me relacionas a min co escrito da denuncia veciñal e co titular e contido da nota de prensa. Mira, «xiana cores», e inxusto arremeter así contra min.
Sí estiven ó tanto das comprobacións que fixo a Policía Local no inmoble en cuestión, logo da denuncia, como é a miña obriga coma concelleiro e penso que esta institución actuou correctamente neste tema.

xiana cores · 17-11-2007 a las 16:19

Mira Cortes voucho explicar rapidiño.A nota de prensa escribiuna el.Os veciños o leela pillaron un cabreo soberano xa que eles en ningun momento acusaron a esa veciña de semellante cousa.O problema deste señor e que pon palabras en boca de outras persoas cando son invencións suas.
Eles deron unha queixa pero en ningun momento denunciaron un sindrome de dioxenes.O problema e que ten que informarse antes de levar as cousas a prensa.Ten que facer como fixen eu e preguntarlle os veciños e falar coa señora dese problema.
E repito outra vez non todo o que chega a alcaldia pode publicalo o seu antoxo.
Eu non teño a costume de escribir cousas sen ter coñecemento das mesmas.
Un saudiño dende Cesures para Sevilla unha das miñas cidades preferidas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-11-2007 a las 16:29

¿Qué eu escribin unha nota de prensa sobre este tema? Falso, totalmente falso. Chama ó medio que publicou a nova, pide información, e logo debatemos. En fin: segues a largar sen fundamento.
Só che queda, «xiana cores», pedir o meu desterro de Pontecesures, ou que me metan na cadea. Son culpable de todo.

Antonio Cortés · 17-11-2007 a las 16:38

Non sei si foi Sabariz ou non o que enviou a nova, pero si teño claro que cunha denuncia na que se indica:

??continuos malos olores que desprende esta vivienda, la cual se encuentra llena de basura?

Estase a denunciar un Síndrome de Dióxenes, xa que é ese o nome que ten, non hai que chamar ás cousas de forma poética cando teñen un nome.

Si esa denuncia, e a investigación di que *non había basura nesa vivenda*, entón ¿ Quen dixo que a vivenda estaba chea de basura ? ¿ Quen denunciou un sindrome de dióxenes ? coido, que si se indicou eso na denuncia, os que o dixeron (por moito que non empregasen ese termo) foron os que firmaron a denuncia no concello.

Por certo, o Sindrome de dióxenes é unha cousa moi seria, e que non se denuncia caseque nunca, e lonxe de ser só un problema de salubridade o problema radica en que, por exemplo un incendio nunha vivenda chea de basura, pode ser moito máis virulento que en outra, porque non hai espacios vacios e todo arderá.

Sobre este caso en concreto so podo falar do que aquí vin, e creo que hai unha cousa que non teñen dúbidas.

* Algúns veciños presentaron algún tipo de documento no concello por poblemas de cheiros, ruidos nunha vivenda.

E a conclusión é:

* Nesa vivienda hai un can, ruidoso, que non sae da casa, e polo tanto faino todo ahí.

Si cheira mal o meu edificio e todo ese cheiro sae dun piso, habitado por unha persoa reservada, sin lugar a dudas considero que podo estar ante un caso de Síndrome de Dióxenes, ¿ Ou como lle chamarías ?

Un saudiño dende Sevilla para Pontecesures, o meu lugar no mundo preferido.

xiana cores · 17-11-2007 a las 16:40

Pois mire voullo explicar ben clariño.Os veciños non publicaron a nota de prensa.Vostede e o corresponsal oficial do pobo.E ademais no diario de arousa o xornal que a vostede lle publica todo o que sale da sua boca.Debe de ter vostede accións nese xornal xa que ten privilexios que non temos os demais.Non teño nada que chamar o diario de arousa xa que non me darian a información.Cousa que tamen me parece normal.
Neste pobo ninguen se dedica a mandar a prensa todo o que pasa.So vostede claro que para eso e o corresponsal oficial de «Cesures directo».
Non me veña agora decindo que as notas aparecen soas na prensa.

Antonio Cortés · 17-11-2007 a las 16:50

Xiana, unha cousa é unha «nota de prensa» e outra moi diferente unha «nova».

A nota de prensa é enviada por escrito (nunca de voz) e normalmente e a base (e moitas veces o 100%) do texto da noticia.

Unha nova, nace dun evento, suceso, información, e é o xornalista o que lle da forma a partir da información que obtén das fontes que considere para poder desenrolar esa nova.

A miña muller é xornalista, de ahí que diferencie moito eso, e deberíamos saber diferencialas. Para ler duas veces as notas de prensa e de forma máis critica.

E neste caso, non houbo nota de prensa coma tal, non ten o formato, nin se intuen as liñas dunha posible nota de prensa. Por tanto é unha nova redactada a partir da información que recibeu e solicitou.

xiana cores · 17-11-2007 a las 17:07

Perdoa pero non sei tanto de periodismo coma ti.Penso que o grave non e distinguir entre unha nota e unha nova.
Bueno indo o tema.Os veciños o que denunciaron foi que o can facia ruido porque ladraba e ademais polo cheiro do piso.Iso creo que non se lle pode chamar sindrome de dioxenes.O can sae do piso todolos dias.Unha cousa e que faga as suas necesidades nese piso e a muller non o limpe moi a menudo.E mais a muller non vive nese piso.
Todos os que a coñecemos sabemos que leva unha forma de vida bastante especial e ademais un gran amor polos animais.
Pero pareceme moi inxusto o trato que se lle esta dando a esta muller.
Asi que o que tiña que facer o Sr Sabariz dende o seu cargo de concelleiro igual era falar coa muller e intentar mandarlle algo de axuda a domicilio.
E deixar de mandar todos os problemas deste pobo a prensa sobre todo cando lle pode facer dano a xente.
Creo que o mellor que se lle pode facer a esta muller e deicala vivir en paz.

Cara de cona · 17-11-2007 a las 18:38

Alto….., Sabariz vante matar, agora tiñas que ser tí o que tiñas que falar coa vella da Ponte polo do can, pero non din que te metes en todo..
E digo eu, porque antes de denunciar no concello os cheiros do can pola merda e o mexo, non falaron os da xunta da comunidade de veciños coa señora…., non lle fagas caso Saba, que arreglen o tema os que lle cheira,… Tamén caga o can de Canducho o da Pía pola rúa, haber se vai ir coa bolsa o heroe de Vilagarcía para coller as cagadas do chan.
Saba,,que lle den polo saco, que se joda o mundo, vive..que solo estamos rodeados de acojonados que non queren dar a cara nin coa pobre vella da Ponte…polo carallo iban a tocar os huevos o concello si estuvera un Piñeiro Ares, algún sa cagaba de medo no despacho do gran xefe…

Terabyte · 17-11-2007 a las 18:54

¿onde andará o señorito Paspallás? tanto falar de Dioxenes, éste seica era un porcallán de carallo, pero hai unha anecdota que tivo con Alexando Magno, que dí bastante do «porcallán», así que ó loro. «lectura, lectura, lectura».

Pepe de San Xulian · 18-11-2007 a las 13:49

Cortés non te molestes en explicarllo porque polo que parece xiana ten fixación enfermiza con Sabariz, coidate xianiña.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.