Crónica da 8ª Xornada para o Extrugasa Río Ulla

Publicado por fru en

* BASKET DEZA LALÍN: 52
* *EXTRUGASA RIO ULLA: 61*

Gulli (3), Peñaño (9), Diego (3), Pino (13), Pedro (6), Santi (9), Arturo (13), Feli (15).

O Extrugasa consigue a 7ª victoria consecutiva ante un Lalín combativo, pero perde a Artura para unhas semanas, por liarse a golpes cun dos pivots locais.

Comenzou o encontro e Lalín, con unha zona pechada, e aproveitando a súa altura, conseguia coller as primeiras diferencias ó seu favor (min 5: 8 ?? 5). O Extrugasa frouxo en defensa e en ataque Pino non daba conectado cos compañeiros, moi perdido neste cuarto, foi sustituido por Arturo. 2 triplas de Cachote e 1 de Gulli evitaban que as diferencias fosen maiores. Nin co cambio de defensa a individual mellorou ó Extrugasa, para chegar ó fin do cuarto perdendo 18 ?? 13.

No 2º cuarto empata o Extrugasa a 18, pero os locais logran un parcial de 7 a 0 en 2 minutos e vanse de novo. Aparece felipe para darlle ó eqiopo mais contraataque, logrando 4 puntos seguidos que acercan ó Extrugasa a 2 (min 16: 25 ?? 23). Nese momento Arturo é expulsado, polo que volta Pino á cancha. Os locais, mais centrados, voltan a irse e no descanso o marcador era de 30 a 25.

Iniciase a 2ª parte e os cesureños poñense en zona 2 ?? 3 aberta, inda que Lalín se vai a un 34 ?? 25. Pero este ano o Extrugasa é un equipo forte de moral, e Diego primeiro con unha canasta con adicional, mais logo 5 puntos seguidos de Pino, quen por fin apareceu no partido, acortan as distancias ata poñerse por diante (min. 25: 36 ?? 37 ). Ese bo xogo parte da boa defensa e nos minutos finais do cuarto o Extrugasa apreta moito, para lanzar contraataques, onde Felipe finaliza en bandexa. Anota Felipe 9 puntos seguidos nestes minutos finais do cuarto, e o marcador queda igualado a 44.

No ultimo o Extrugasa segue apretando e vaise de 6 puntos (min 35: 46 ?? 52), gracias a esa velocidade, aparecendo tamén Peñaño. Lalín vese desbordado e non pode recortar diferencias, e o Extrugasa chega con 9 arriba quedando 2 minutos: 48 ?? 57. 4 puntos para cada equipo deixan o definitivo 52 ?? 61.

Mención especial na 2ª parte para Santi, quen ademais de anotar 9 puntos, fixo un gran traballo en defensa xogando os 40 minutos, e supo en ataque buscar a Pino no poste, e os cortes de Felipe, dando numerosas asistencias xusto cando mais espeso estaba o equipo xogando en ataque.

Agora quedan 2 partidos na casa, diante de Cuntis e motobazar, antes de parar no Nadal.

Categorías: Basket Río Ulla

1 comentario

fru · 10-12-2007 a las 23:07

CLASIFICACION ACTUALIZADA:

Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO.
1 CAFETERIA DON MANUEL 9 7 2 550 532 16
2 EXTRUGASA RIO ULLA 8 7 1 501 420 15
3 GESTCHAL CAMBADOS 9 5 4 612 602 14
4 LA NOCHE BCST PORTONOVO 8 5 3 534 482 13
5 LICEO C. DE PONTEVEDRA 8 5 3 476 466 13
6 PUB FARO ESTRADA 9 4 5 552 548 13
7 LICEO CASINO 9 4 5 604 607 13
8 BBC 7 5 2 452 424 12
9 A LAMA 10 2 8 675 738 12
10 MOTO BAZAR MCDONALDS 7 3 4 417 422 10
11 ESCUELA NAVAL MILITAR 7 3 4 466 478 10
12 BOIGO DORNA 7 2 5 447 492 9
13 BASKETDEZA 8 1 7 438 513 9

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.