O Concello pide o traslado dunha mesa electoral de cara ós vindeiros comicios generales.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

En relación coas eleccións xerais de marxo de 2007, nesta data solicitouse á Oficina do Censo Electoral do INE en Pontevedra o traslado para o CPI Pontecesures da mesa electoral U que se instalaba no edificio do antigo club xuvenil situado na estrada Raimundo García Domínguez ??Borobó?.

A razón fundamental para este traslado é que o edificio do club xuvenil non ten unha entrada axeitada para o acceso de discapacitados/as, ou enfermos, en cadeira de rodas, e así,en bastantes ocasións, foi preciso sacar as urnas fóra do recinto para posibilitar que estas persoas exerzan o seu dereito a voto.

Nesta mesa U votan os veciños de Grobas-Fenteira, Condide, Toxa, Carreiras e Infesta e a ubicación proposta do CPI, e dista só uns 100 metros do local onde se viñan celebrando as eleccións dende sempre.

Esta modificación xa foi solicitada por algunha forza política con anterioridade, pero ata agora nunca fora solicitada formalmente polo concello.

De aceptarse a proposta as tres mesas electorais de Pontecesures estarían ubicadas no CPI Pontecesures, sendo isto moito máis operativo, incluso, para evitar confusións ós electores.

Pontecesures, 10 de decembro de 2007


1 comentario

Tiroliro II · 14-12-2007 a las 17:48

A cousa ten o seu intríngulis, coa supresión desta mesa vaise unha boa parte da historia política de Cesures. quen non se acorda de Piñeiro Ares apoiado na balaustrada controlando frente as escolas antigas a todo quisque que subía a votar rodeado dos seus?, algún que levaba o voto no bolsillo se cagaba de medo.
E nas últimas quen non se acorda de Angueira emulando a aquel patrón facendo o mesmo, rodeado do tacón o do gasoil e a padiola do bloque?, saúdo ó que subía envenenado e aquel, que tal o ves?, a sabariz non lle vexo posibilidades , e un tolo, ti que dis?, a da escola que tal?..
Si señor fora a mesa, non me gustan as estatuas pero a efixie de piñeiro en bronce apoiado na balaustrada podería ser un gran monumento ó que non se debe facer, viva a liberdade dos que votan e fora o control e a manipulación da xente…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.