Importante avaría de auga está mañá, que deixou sen servizo a moitos usuarios.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 6,15 horas, e por mor dunha zanxa aberta no día de onte por obreiros que están a realizar obras para dar servizos ó edificio promovido pola mercantil Mendotur en Redondo, veuse abaixo unha beirarrúa na praza de Pontevedra, destrozando a tubaría de auga e deixando sen subministro a moitos veciños de A Tarroeira, Redondo, rúa Carlés, Avda de Arousa, Porto, a marxe esquerda das rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta, Victor García….

Foi o 112 ó que avisou da gran cantidade de auga que había na estrada nacional.

O servizo quedou restablecido sobre ás 14,30 horas xa que foi necesario adquirir pezas en Santiago para efectuar o arranxo (un carrete inox de 200 de diámetro por 1.100 de lonxitude e dúas bridas especiais para a tubaría de de polietileno). A Policía Local personouse na zona para facer unha reportaxe fotográfica co fin de realizar a reclamación de daños á empresa causante. A beirarrúa desplomouse, posiblemente, por quedar aberta toda a noita a zanxa con bastante profundidade. Coas vibracións dos vehículo (sobre todo os pesados) pola N-550 toda a noite, a beirarrúa cedeu. Afortunadamente non pasaba ninguén por alí nesas horas.

Houbo, deste xeito, un suceso imprevisible de madrugada e esperamos que a pobación comprenda estas situacións difíciles que provocan importantes molestias a todos.

Categorías: ConcelloSociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.