«Palco de Estrelas» Xoves 20 de Decembro

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Este xoves 20 de decembro,no programa «Palco de Estrelas», de *Radio Valga 107.4 FM*, dirixido e presentado por Daniel Seijas, contará coa presencia en directo dos membros da orquestra Chárleston Big Band de Padrón, con algúns dos seus novos integrantes:

* *Fran Pahino* (vocalista), finalista no programa da TVE misión Eurovisión 2007, e ex-Colores.
* *Sergio Corral* ex-vocalista das orquestras Colores, Los Trovadores e Alarma.
* *Adrián Freiría*, de Pontecesures, ex-bateria de Impacto, que toca ademais, percusión, teclados e acordeón.
* *José Cao*, guitarrista que xa leva moitos anos na formación padronesa.

Tocarán e cantarán temas en directo no propio estudio central da emisora.

Como é habitual, os ointes poderan participar telefónicamente, falando e preguntandolle cousas ós músicos.


6 comentarios

pedro da cachopa · 18-12-2007 a las 18:37

vaia os da chárleston na radio con seijas,haberá que escoitar os novos cantantes e máis a adrián o fillo de Rosalino,que disque é moi bo músico e ademais e veciño de Cesures.
Seijas tes que faser un projrama de falar de cousas antijuas de antes da zona,conta algo de historia,que aparte de falar da vida e peripesias dos santos,tes que falar aljo máis da historia da comarca e falar da historia das orquestas e das jerras mundiales.

DANIEL SEIJAS S.L. · 20-12-2007 a las 15:25

para pedro : gracias por estar ahí escoitando.e do falar de cousas de historia,lago haberá que ir facendo un días destes.

A parte de ter hoxe os da chárleston,faleremos do centenario do Himno Galego e de Pascual Veiga.
Teremos en primicia mundial,os temas cos que iran ó programa de fin de ano,(a charleston xa a puxemos a semanaa pasada) de Luar da Tvg orquestra Compostela e máis Sito Mariño.un saúdo dende Redondo.

DANIEL SEIJAS S.L. · 20-12-2007 a las 15:29

olvidavaseme,por si lle alguén lle interesa,no programa LUAR de Fin de Ano van estar as seguintes orquestras
-Los Satélites
-Compostela
-Kamelot (unha orquesta nova que saleu en decembro deste ano)
-Ciudad de Vigo
-Costa Oeste
-Chárleston Big Band de Padron
-Jerusalen de Caldas de Reis
– La Oca de Sanxenxo
-Pontevedra

DANIEL SEIJAS S.L. · 28-12-2007 a las 04:27

aínda acabei hoxe o programa ás 3.40h.a culpa foi do meteorito.
para a semana que ven terei en palco de estrelas ás Spice Girls,(onde toca a muller de Bechkam) que presentan o seu disco «Máis picantes que os pementos de Herbón».(mañá o presentan tamén no Covento de Herbón).boas noites e feliz ano 2008.

DANIEL SEIJAS S.L. · 23-01-2008 a las 22:14

mañá xoves 24 de xaneiro,terei en directo en Palco de Estrelas,os membros da orquestra GRAN PARADA de Rianxo.un saúdo.

DANIEL SEIJAS S.L. · 29-01-2008 a las 00:33

Debido ó importante partido da Eurocap do Extrugasa,que será retransmitido pola nosa emisora o xoves a partir das 20,30h. o programa «Palco de Estrelas» adiantase esta semana ó mercores.Eso si,vai haber algunha antroidada no programa.un saúdo.

Responder a pedro da cachopa Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.