Entroido 2008 en Pontecesures. Como novidade, este ano haberá concurso de disfraces para maiores.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Domingo de Entroido, día 3 de febreiro haberá na Plazuela un gran festival de Entroido para nenos/as e adultos animado polo trío musical cesureño SOPRANO.

O festival comezará as 17 horas para os nenos/as e haberá concurso de disfraces cos seguintes premios:

NENOS/AS DE O A 3 ANOS

* 1º-30 � en material escolar.
* 2º-20 � en material escolar.
* 3º-10 � en material escolar.

NENOS/AS DE 4 A 8 ANOS

* 1º-50 � en material escolar.
* 2º-35 � en material escolar.
* 3º-20 � en material escolar.

NENOS/AS DE 9 ANOS EN DIANTE

* 1º-60 � en material escolar.
* 2º-45 � en material escolar.
* 3º-30 � en material escolar.

A gran novidade para este ano é que a partir das 19,30 horas teremos o festival para os maiores, de 16 anos de idade en diante, con concurso de disfraces. Os premios serán os seguintes:

COMPARSAS OU GRUPOS

* 1º-400 �
* 2º-250 �
* 3º-150 �

PARELLAS

* 1º-150 �
* 2º-100 �
* 3º- 50 �

INDIVIDUAL

* 1º-80 �
* 2º-50 �
* 3º-30 �

Esperamos que se animen moitos maiores a participar no festival e no concurso.


17 comentarios

cockydaponte · 18-01-2008 a las 13:08

o vindeiro venres 8 de febreiro haberá un campionato de truco no centro social de A Ponte. Deixo aquí o link para que vexades o cartel e que, na medida do posible, o transmitades á maior cantidade de xente.
Paralelo ó campionato haberá un concurso de disfraces, recibindo tódolos que se acheguen disfrazados un agasallo.

http://www.fileden.com/files/2007/7/2/1231530/CARTEL%20TRUCO%202.pdf

manolo · 18-01-2008 a las 13:12

Outra das novidades coa que contaremos no entroido, será o alumbrado de nadal, ou polo menos dos cachos que quedan colgando polo pobo dos arcos que ainda non caeron de todo.Eso co risco que supón para as persoas, claro.
O millor non hai nin entroido e hai luto oficial.

Agora virá Sabariz decindo que a empresa responsable do alumbrado… igual que co parque.
Tanto tempo denunciando o estado de abandono do pobo, e agora esto.

Como si antes non fixeran as obras as empresas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-01-2008 a las 13:49

Pero «manolo»: ¿Qué ten que ver o concurso de entroido que imos ter co alumeado de nadal?. Amosas un certo cabreo se hai iniciativas e iso non está ben.
Naturalmente a empresa que instalou o alumeado ten a obriga de retiralo. Xa se lle comentou varias veces,pero ten varios municipios para este traballo.
Aínda non se retirou o alumeado de nadal en moitos concellos «manolo» (Padrón, Valga, etc..) e o de Pontecesures noutros anos estivo máis tempo. Afirman na empresa que o luns procederán á retirada.
De tódolos xeitos, a instalación deste ano pareceume bastante deficiente. Hai que recoñecelo.
Parece, «manolo», que non te convencen as miñas explicacións. Lembra que co goberno do Sr. Alvarez Angueira nos últimos tempos dábanse bastantes menos ou, mellor dito, ningunha.

manolo · 18-01-2008 a las 14:12

Unha cousa é que non se retirara o alumbrado, e outra é que esten medio colgados co risco de desprenderse. Claro que foi deficiente o alumbrado, sobre todo na forma de amarralo.

Faillo saber aos teus colegas de goberno Sabariz, dille que lle dean caña a empresa para que retiren polo menos os que estan a punto de caer, si non hai comunicación, deixalle unha notiña riba da mesa, ou mandalle un fax.

Ah! e as iniciativas encantanme. Non participarei, porque non é o meu disfrazarme, pero dareime unha volta por alí.

SI que recordo as explicacións do anterior goberno, e polo que recordo do pasado, penso que ti, deste problema na oposición, sacarías para denunciar e mandar notas de prensa durante catro meses.

Un saúdo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-01-2008 a las 14:33

Non tiven necesidade de utilizar intermediarios, «manolo». As queixas e as contínuas chamadas á empresa estounas facendo eu.
Por suposto que é función da oposición denunciar estes temas. E naturalmente a obriga do goberno é contestar, dar a cara e procurar que se arranxen os problemas. Isto é o funcionamento normal das institucións.
Devólvoche o saúdo e douche as grazas polo interese que amosas polos problemas do pobo. Estou seguro de que serías un bo concelleiro/a.

error07 · 18-01-2008 a las 15:49

Un año mas, el pueblo de Pontecesures es el ultimo en colocar el alumbrado y el ultimo en sacarlo. Esa empresa que dices tendra mas pueblos para retirar el alumbrado pero creo que tambien tendra gente suficiente como para poder retirar el alumbrado de todos los sitios en una semana no en un mes, ademas con el viento que hizo estos dias (recordemos el alumbrado roto) que mejor que NO informar a la empresa el peligro que supone el alumbrado, a esto me contestaras que estan informados y que no tengo ni idea de las gestiones que estas realizando para su retirada, a lo que yo te contestare que no estas haciendo lo suficiente. Sabariz eres patetico.

Es chistoso que este año coincida el alumbrado con el carnaval, una vez mas saldremos en los periodicos en la seccion de chistes.

«Estou seguro de que serías un bo concelleiro/a» ‘ojo! concelleiro, te dice a lo que aspiras!solo a concejal como EL!!!JAJAJAJA pues yo digo… MANOLO FOR PRESIDENT!!!!

xiana cores · 19-01-2008 a las 03:30

A este tripartito imoslle chamar o dos festexos porque parece que o unico que saben facer.A alcaldesa dandose baños de multitudes ,vostede pegado os microfonos que aparezan por diante,Rey as voltas por ali pensando no seu can que ten que quitar a pasear e o resto xa sabemos todos onde andan.Un bo trio como actuación estelar serian volos tres demostrandonos cada dia mais o bo rollo que teñen entre vostedes.Randulfe xa sabemos todos onde actua e Quinta que se adique o aluminio que e do unico que sabe.
O pobo esta totalmente abandoado e vostedes so saben facer festas onde cada dia se gastan mais cuartos do bolsillo de todos os veciños.
Sigan asi demostrando que po unico que valen e para concelleiros de festexos.

pandorcas · 21-01-2008 a las 20:21

Ten moita razon o que di que so sabedes falar de festas pero iltimamemte tamen sabedes facer moi ben o de comer pois si non o sabedes saides nos xornais fdicindo o boa que estaba a lamprea de 70�.¿Onde anda o representante primeiro do P P? Sempre manda o segundo , iso da a entender que e mellor que él.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-01-2008 a las 20:38

Claro que se comunicou á empresa o problema do alumeado de nadal, pero hoxe quedaron en vir a retiralo e non viñeron. Afirman que virán maña pola tarde. Veremos se e certo. Non comparto a vosa opinión, «error07» e «xiana cores» (o de tremendismo, patetismo, se gasta todo en festas, etc..). ¿Que queredes continuar cos comentarios despectivos?. Pois que lle imos facer.

laranxa · 22-01-2008 a las 13:04

«o alumeado,o alumeado…iso Na»o risco e baixar pola rua San Julian,detras do supermercado,este fin de seman colocaron unha proteccions ,para salvar os sucos,!última xeración!se pasabas en coche ademas de sacudirche os fondos,esperabanche unha coleccion de cravos en vertical,a magoa e que as puntas fallaban!,!que raro que o Sr.Sabariz non comentase nada sobre esta atracción!…¿será porque o encargado é o Sr.Rey?…JI,JI!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-01-2008 a las 15:11

Tamén recibin eu a queixa dun veciño por esa tabla de cravos, «laranxa». A verdade que a obra do parte final do Camiño de San Xulián tivo problemas nos días que tivemos de temporal con tanta choiva. De tódolos xeitos, resulta incomprensible que unha tabla colocada para que coches e peóns pasen mellor pola zona de obras teña as puntas para arriba. Unha irresponsabilidade por fixarse pouco (imaxínome que a tabla foi colocada polos obreiros de noite cando rematou a xornada de traballo). Non quero pensar que algúen alleo á obra a manipulase despois. Menos mal que non houbo danos.

xiana cores · 22-01-2008 a las 23:40

Sabariz non das acertado co día que nos van a vir a retirar o alumeado do nadal.Dis hoxe,mañan e ningun dia se cumpre.E mellor que cales e non digas nada mais sobre este tema porque xa cheira.O final non sera que o queren aproveitar para o macrofestival do entroido.Eu a verdade xa empezo a pensar que e iso o que pasa porque normal isto xa non e.

laranxa · 23-01-2008 a las 13:25

!Non era unha taboa,eran 3!Tiña menos perigo o suco en si,que as taboas.Anque o comentario foi en termos de !broma!,os feitos son preocupantes.¿Por que non se corta a rua ós pasos dos coches?¿por que non se señalizan adecuadamente as obras?

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-01-2008 a las 14:28

Serían tres táboas, «laranxa», serían. Esperemos que os feitos non se repitan.

Tachenko · 1-02-2008 a las 13:55

Penso que o alumado sera retirado o día que o vello que anda a descoljalo, (xa o vin duas veces), cheje nun estado aljo mais decoroso e menos lamentanble, a realisar o seu traballo, por exemplo, deixando de entrar nalgun bar sin desir nin hola, o jrito de : ¿¿¿de quen e un astra rojo???, cando era un 206.Que teña coidado, porque calqueira día vai caer do camión abaixo.Non sei quen contratou esa empresa, pero a imaxen que dan e chulisima.

Tiroliro II · 1-02-2008 a las 16:13

Vai a ir ó concurso unha peña do bloque disfrazada e vanlle largar uns silbidos fortes á Sacapieles e a Sabariz, hai que ir a este entroido…carallo…

xiana cores · 2-02-2008 a las 03:01

Non te preocupes que quenes van a estar fixo son as da Barcarola comandadas pola alcaldesa con carroza e todo.Asi que non sei que sera peor.Xa veremos quen lle silba a quen.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.