O Concello de Pontecesures participa no programa «Semanas Brancas 2008».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures organizan e subvencionan o programa «Semanas Brancas 2008», dirixido a alumnos de 1º e 2º de ESO do CPI Pontecesures.

O programa levarase a cabo na Estación de San Isidro de León (Puebla de Lillo), e os alumnos estarán nas instalacións cinco días en réxime de pensión completa, clases de esquí, aluguer de material, desprazamentos dende Pontecesures ata a Estación e viceversa, monitores de tempo libre (un por cada dez alumnos), excursións e seguros.

Os pais/nais que desexen que os seus fillos/as participen neste programa deben poñerse en contacto coa Concellería de Xuventude e Deporte (Tfno.: 986-564408) ou cos Servizos Sociais do Concello (Tfno. 986-564409).

O prezo que cada alumno debe aportar por participar no programa é de 165 �.

A prazo de inscrición para participar no programa remata o día 31 de xaneiro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.