O EXTRUGASA PERDE (67 ?? 68) NOS INSTANTES FINAIS UN PARTIDO QUE TI?A GA?ADO

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 67
Gulli (9), Peñaño (8), Diego (-), Victor (-), Pino (13), Santi (2), Feli (10) e Pepi (25).

BBC VILAGARCIA = 68

Os erros finais costaronlle ó Extrugasa a 2ª derrota do ano por unha canasta de 2 puntos quedando 2 segundos. Así, a clasificación achícase un pouco mais, pois hai ata 6 equpos para clasificarse entre os 4 primeiros postos. Notouse a baixa de ultima hora de Nacho, pero Pepi asumiu a súa ausencia anotando 25 puntos nun gran encontro seu.: (5 de 6 en tiros libres, 7 de 11 en tiros de 2 e 2 de 2 en triplas, ademais de 8 rebotes e 2 recuperacións)

Comenzou o encontro e o Extrugasa domiñou o primeiro cuarto con ventazas de 3 a 5 puntos, gracias ó bo xogo de ataque cesureño diante da defensa individual dos vilagarciáns, con Pino anotando no poste (9 puntos ccase consecutivos) e un poderoso Pepi rompendo dende o exterior. Os vilagarciáns anotaban con lanzamentos dende o exterior, pero perdían varios balóns que lles costaba ir por detrás.

No 2º cuarto, co BBC metido nunha zona, 2 ?? 3 o Extrugasa segui xogando cómodo, e ademais seguia defendendo forte, e sacando Felipe o contraataque en varias ocasións (6 puntos seguidos (min 15: 27 ?? 20). Apareceu un renqueante Peñaño, que viña dunha lesión de 3 semanas da que non está recuperado, e con 2 triplas suas e outra de Pepi o Extrugasa remata a primeira metade 40-33.

A saida do 3º cuarto foi boa para os locais, pois un parcial facil de 6 ?? 0 en minuto e mediio pabría un oco importante por primeira vez no marcador: 46 ??33, pero os do BBC, cambiarona defensa e empezaron a presionar mais a toda pista, e ahí o Extrugasa perdeu varios balóns que foron decisivos, pois eran contraataques para os de Vilagarcía que se achegaro de novo (min 24: 46 ?? 40). Gulli con 2 triplas seguidas mantiña a diferencia e 6- 9 puntos, pero unha ultima tripla dos vilagarcians deixaron o marcador en 58 ?? 53.

Con Peñaño agotado, que se ten que ir ó banco, volta de novo a presión dos vilagarciáns, que logra parar o ritmo de puntos locais (só anotaría 9 neste cuarto, por 15 os do BBC). Pino erra varias canastas debaixo do taboleiro, e tan só Pepi é o que ve aro (7 puntos). O BBC chega 3 abaixo quedando 45 segundos, ahí anota 1 tiro libre e erra outro. O Extrugasa falla, por medio de Pino, un tiro facil a 1 metro do aro. No seguinte ataque nova falta dos locais e o BBC que volta a anotar un só lanzamento (67 ?? 66). Quedan 25 segundos (24 de posesión para os locais). O BBC que presiona e o Extrugasa que soga ben ás ??4 esquinas? , ata que quedando 10 segundos Gulli querelle pasar o balón a Pino, quen o perde por non cegar. Os do BBC sacan un contrataque, e cunha entrada anotan quedado 2 segundos. Tempo morto local para sacar dende medio campo e gulli recibe pero erra o seu lanzamento de 3 puntos.

Categorías: Basket Río Ulla

2 comentarios

O Rei · 3-02-2008 a las 12:33

Como poñía onte no Marca dixital… «Son humanos»

fru · 3-02-2008 a las 13:37

Tamen dicia Schuster que «era el momento perfecto para perder», ou algo así… pois iso, que veremos como asimila a derrota o equipo. Inda queda moita liga e on hai nada decidido. Os aspirantes temos partidos decisivos, e para estar arriba non se pode fallar. Agora é momento de entrenar e que cada quen faga autocritica (está todo mais que inventado).

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.