…agora entendo por qué no centro social da Ponte non hai nada…

Publicado por cockydaponte en

E non hai nada porque está claro que ós governantes non lles dá a gana.

Antes era porque o alcalde pasaba da aldea da Ponte, e que só lle acordábamos cada 4 anos…

E agora, que nos venderon a moto do cambio…de melloras…e de non sei cantas cousas máis…seguimos nas mesmas.

Eu entendo que as cousas leven o seu tempo. Entendo que non poidan atender a tódolos veciños nin a tódalas aldeas ó mesmo tempo. Entendo que os orzamentos que herdaron non lle chegen para solucionar todo o que quixeran. E incluso podo entender que haxa cousas con, quizáis, máis urxencia. Pero o que non podo entender é que o centro social leve aberto 4 días sen que ninguén faga nada por remedialo.

O pasado venres a comisión de festas de San Roque da Ponte fixemos un campionato de truco no local e ó rematar, as bebidas que non vendemos na barra deixámolas gardadas no almacén. O domingo a porta estaba aberta, sin que ningún membro da actual comisión fose alí a nada. Faltaban unhas cuantas botellas de alcohol e zumes(vaia botellón se largou ou largaron os moi cabr___). O luns quedáramos para ir limpar e recoller todo, e cando chegamos alí o cristal da porta principal estaba roto. Recollemos todo, limpamos e chamamos ós municipais, máis que nada porque a escola está no mesmo recinto e ó día seguinte ían ir os nenos. Viñeron e sacáronlle unhas fotos á porta. Eran entre as 21:00 e as 21:30 da noite. Dixéronnos que ó día seguinte irían os de obras a repoñer o cristal.

E nada.

Hoxe pasei por diante da escola e do centro social, e a porta estaba sen cristal.

Eu sei que os cristais poden tardar uns días, pero tamén sei que se podía poñer unha chapa provisional.

De aquí saquei a conclusión de por que no centro social da Ponte non hai nin sillas en condicións, nin unha mesa como é debido….e moito menos unha televisión, ou un equipiño de música…e tamén por que as ventanas da planta baixa e a porta non teñen verxas exteriores aínda que o aspecto que lle deran ó edificio fose de cárcere, tal e como nos prometeran hai uns meses o Sr. alcalde Camilo Forján e o Sr. concelleiro de cultura Eloy Rodríguez.

A RAZ?N ? QUE ? NON TER NADA ALÍ, CANDO SE DAN SITUACI?NS DESTAS, DE QUE O LOCAL QUEDE ABERTO UNHA SEMANA, SI ENTRAN NON PODEN LEVAR NADA.

A PORTA HOXE ÁS 15:20

1 comentario

Antonio Cortés · 15-02-2008 a las 19:57

E triste por moitas razóns, por unha banda a infrautilización dun recurso tan valioso coma un centro social, que debería ser o lugar onde os veciños poidan facer todo tipo de actividades lúdicas e culturais. Por outra banda a deixadez das administracións.

A esta clase política se lle enche a boca falando de «servicios», que si un centro social, que si tal, que si cual, e o final parece que no día a día non lle dan ningunha importancia, nin mantemento, e moito menos fan que estas instalacións sigan vivas (actividades). ? final, venden a moto de que se inaguran e teñense recursos, pero para o que de verdade importa tomano coma si fose un «galpón»: Superficie pechada que non require mantemento algún e só sirve para meter cousas en el de vez en cando.

P.D.: Eso non quita que teñamos entre nos a uns descerebrados, amigos do alleo, e gustosos de destrozar que fagan que todo sexa sempre máis complicado e sempre paguen xustos por pecadores.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.