1 SEMANA SEN VIDRO

Publicado por cockydaponte en

Hoxe cúmprese unha semana dende que o vidro da porta do centro social da Ponte aparecera roto. I esto non sería noticia se non fose porque aínda non está reparado. O xoves, a comisión de festas envioulle un correo electrónico ó concello por medio do «cuestionario» da páxina web do propio concello facéndolle saber do tema, e a día de hoxe non tivo nin unha soa resposta sobre o tema, e o que é peor, a porta segue como estaba.

Dende aquí propoño unha «porra» para ver quen acerta o día do arranxo da porta. Os que queiran participar que deixen o nome e o día. Entre os acertantes sortearase unha entrada para o vindeiro pleno no concello de padrón, con asento preferente.

A Porta o luns 18/02/2008

2 comentarios

cockydaponte · 18-02-2008 a las 17:57

Eu, infeliz de min, espero que o mércores 20 poñan o mencionado cristal, e que tan pronto como sexa posible doten o centro das medidas de seguridade axeitadas, aínda que non haxa máis que unha mesa de madeira aproveitada de non sei onde, un par de mesas de xardín que os propios membros da comisión levamos para alí, as sillas da banda de música do ano 1990(polo menos)e un feixe de borralleiros.
A ver si teño sorte.
Un saúdo.

PatriSia · 18-02-2008 a las 18:22

Dame a min que algo infeliz si que es, porque a nonser que se aburran non creo que sea pa esta semana, eu apostaria mais pa semana… ou quen sabe pa outra. Pero se hai que poñer fecha eu botaria polo 29 de febreiro, ainda que espero que sa antes,pero visto a importancia que nos da o concello, vamos ter que facer as poucas actividades que temos no campo da Insua,
Un saudo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.