Aparecen de novo pintadas en Pontecesures, con alusión a membros da corporación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe apareceron dúas pintadas na fachada da Biblioteca Municipal (rúa Raimundo García Domínguez «Borobó» nº 22), co seguinte texto: «DEMITE SABARIZ», «DEMITE MARIBEL».
? a primeira vez que hai pintadas no edificio da biblioteca (antiga Casa do Concello, hai moitos anos). Realmente é unha mágoa que a pedra da fachada dun edificio que ten un significado importante para os cesureños, sexa agredida deste xeito. Fai reflexionar que, precisamente, na Casa de Cultura, teñan lugar estes comportamentos incívicos.
Mañá será presentada a denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga e serán realizadas xestións cunha empresa especializada para o borrado, esperando que a pedra teña o menor dano posible.


2 comentarios

veciñamil · 20-02-2008 a las 19:59

pobre Sabariz,pobre

basta · 20-02-2008 a las 21:00

A Alcaldesa segue «encantada», agora hasta na casa da cultura saberán quen é Maribel, e mira que eso parecía imposible.
Pola contra a min pareceme patético.

Ten coidao Sabariz que estás a convertirte en fonte de inspiración de descerebrados.

Responder a basta Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.