O Xogo interior do Extrugasa permite acadar unha comoda victoria ante o Liceo Casino de Vilagarcía (36-63)

Publicado por fru en

LICEO CASINO DE VILAGARCIA = 36

EXTRUGASA RIO ULLA = 63
Gulli (2), Peñaño (10), Pedrito (1), Diego (-), Victor (-), Pino (14), Nacho (15), Santi (5), Juanjo (3), Feli (5) e Pepi (8).

Cando os pivostos do equipo (Juanjo, Santi, Pino e Nacho sumaron 37 puntos) meten tantos puntos coma o equipo contrario, está claro que o xogo interior cesureño foi moi superior ós chavales do Liceo, que moi voluntarioso na primeira parte, pero se diluiron na segunda, ta alcanzar os 27 puntos de diferencia finais. E elo a pesar de que o Extrugasa tivo malos porcentaxes no tiro de 3 puntos ante a zona pechada que ponían os locais cando Nacho estaba no campo (só 2 de 13 triplas). Nótase que Gulli inda anda renqueante do seu esguince de nocello, que non pode tirar cómodo.

O partido iniciouse con un extrugasa supoerior na zona local, pero que en defensa estaba un pouco frouxo (min 5: 6 â?? 6). Meos unha tripla de Pepi, dos 17 puntos 14 foron accions de Pino e Nacho, ben en 1 x1, ou tras coller rebote en ataque. Os locais, moi voluntariosos, conseguiron poñeerse diante (min 7: 12 â?? 9), pero o Extrugasa foi incrementando a defensa e cun parcial de 0 â?? 8 en 2 minutos acabou o cuarto 12 â?? 17.

O segundo cuarto foi de moitas imprecisións por ambas partes, tan só 6 puntos para os locais nestes 10 minutos, pero o Extrugasa o que recuperaba en defensa non o aproveitaba en ataque, con lanzamentos exteriores fallados, e perdas de balon. Así o marcador ó descanso era de un 20 a 27.

No 3º cuarto os cesureños pegaron un primeiro tirón cun parcial de 1 â?? 7 en 5 minutos (min 25: 21 â?? 34) e a partir de ahí o partido foiselle poniendo moi facil ante uns rapaces que xogaban mas co corazón que ca cabeza neses momentos: Ademais Nacho e Pino seguían ó seu que era anotar debaixo do aro, e felipe anotou unha tripla no final do cuarto que deixou un marcador de 28 â?? 41.

Saliron a por todas os locais, querendo presionar, pero a estratexia non funcionou, e no minuto 33 varias protestas dosvilagarcias se transforman en 6 tirios libre seguidos para peñaño que anota e rompe o marcador hasta os 20 puntos 31 â?? 51. Logo seguironlle facendo varias faltas que peñaño anotaba nos tiros libres (foron 10 consecutivos sen fallo). E o partido acabouse ahí. Quedaban 5 minutos, xogaron os rapaces e unha nova victoria para os cesureños.

Categorías: Basket Río Ulla

1 comentario

Bli · 27-02-2008 a las 00:49

O que lle pasa a gulli, non é que lle doe o nocello.O que lle pasa é que ten unha ratiña dun mes que o fai levantarse de noite para darlle o biberon. Noraboa gulli e a seguir levantando o pais.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.