Un matrimonio de Pontecesures sofre un espectacular accidente onte en Baloira.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Onte a mediodía o furgón no que viña este matrimonio (regresaba a Pontecesures do mercado da Estrada, posto de venda de froitas e verduras) colisionou no vial A Estrada-Santiago cunha motocicleta na que ían dúas persoas en dirección á capital galega, segundo fontes da policia local estradense.
Aínda que o furgón caiu por un barranco e quedou coas rodas para arriba, o matrimonio cesureño resultou ileso. Tanto o piloto da motocicleta como o acompañante foron trasladados ó Hospital Clínico de Santiago. O primeiro atópase grave, pero fóra de perigo, mentres o segundo presenta algunhas fracturas e contusións.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.