Historia das feiras do automóbil de ocasión en Pontecesures. 1925, 1926, 1950 y 1954.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

thumb_cartel_1925_carlos_maside.jpg

Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside

No ano 1925, un grupo de amigos (veciños de Pontecesures) comezaron a pensar na idea de levar a cabo unha feira do automóbil. Esta idea xurdíu ao darse conta que nas feiras de cabalos que daquela se celebraban pola zona, no medio dos cabalos expoñíase algún vehículo para a súa venta, polo tanto, si había feiras de cabalos que eran o medio de transporte da época, ¿por qué non podía haber feiras de automóbiles? que xa se empezaban a ver polas nosas rúas.

Con este pensamento os señores Eugenio Escuredo e Salvador Sierra viaxaron á cidade alemana de Leipzig, onde se celebraba unha feira destos cacharros chamados automóbiles. Cando voltaron de Alemania contaron ao resto do grupo todo o alí visto e puxéronse a traballar. O día 27 de xuño de 1925 inaugurábase a a Feira do Automóbil de Ocasión, na que está presente o primeiro automóbil que circulou por Galicia.

Durante 3 días a Feira foi é visitada por máis de 10.000 persoas. Expóñense un total de 598 vehículos e o valor de todo o material exposto supera os 5 millóns da época.

O éxito é total e ten unha gran repercusión nos medios de comunicación da época. Esta feira está recoñecida como a primeira celebrada en España destas características, nela colaboraron artistas do talle de Carlos Maside, Castelao, Oria Moreno, Granell, etc.

Na actualidade moitas rúas de Pontecesures levan os nomes daqueles que fixeron posible as feiras do automóbil de ocasión. Esta é a nosa homenaxe a todos eles, amantes dos vehículos e do seu pobo, como foron: Eugenio Escuredo, Salvador Sierra, Víctor García, Ramón Piñeiro, José Novo, Jesús Cabeza, José Sierra, Baldomero Carlés, Luís Diéguez, Luciano García, Carlos Morales, e Feliciano Touceda. Estes dastos foron recollidos do libro «Historia das Feiras de Aoutomóbil de Ocasión» do autor José Piñeiro Ares, editado en 1989

Posteriormente celebraronse 3 edicións máis desta Feira nos anos 1926, 1950 e 1954.

No ano 1985 en conmemoración destas Feiras do Automóbil de Ocasión púxose na rúa San Lois de Pontecesures o Monumento «O Coche de Pedra», unha réplica daquel primeiro coche que circulou por Galicia.

No ano 2007 celebrouse o 15 de abril a I edición da FEIRA DO AUTOM�BIL ANTIGO (exposición e venda), e para este ano 2008 está prevista a segunda edición o vindeiro 6 de abril. Na organización destas dúas feiras colabora co Concello de Pontecesures a Asociación MIRANDOLLE OS DENTES.


2 comentarios

DANIEL SEIJAS S.L. · 30-03-2008 a las 18:50

Neste artigo falase na feira de Leipzig.Hai que dicir que non se trataba dunha feira da automoción.A feira de Leipzig a que foron Don Salvador Sierra Trasande e Don Eugenio Escuredo Lastra,tratabase da coñecida Feira Internacional de Mostras da Primavera,que comezou en 1895,e que era a feira máis importante do mundo ata 1940s.Xa na década de 1910s nesta exposición industrial estaban presentes máis de 10.000 firmas expositoras.Seguindo o modelo feiral de Leipzig xurdiron moitas feiras importantes ó longo da xeografía europea. Polo tanto Salvador e Eugenio non foron a ollar unha feira de automóbiles,se cadra tamén houbera,pero unha feira puramente de caracter industrial.Polo que a feira os nosos veciños foron a documentarse a mellor feira do mundo.Tampouco naqueles tempos era extrano que a esa feira asistiran galegos.Os grandes comerciantes e industrais galegos adoitaban viaxar por Europa,e íase bastante a Leipzig a coñecer as últimas novidades.Nos anos 20 era normal ver anuncios desta feira na prensa galega,e incluso había anuncios dos axentes que as grandes consignatarias tiñan nos portos de Vigo,Vilagarcía e A Coruña,coma a axencia «Reboredo García-Isla» nos que organizaban viaxes dende Galicia a Leipzig.Normalmente iase en transatlántico ata os portos de Bremén e Hamburgo e logo en tren ata Leipzig.
Tampouco debemos olvidar que as feiras do automóbil de ocasión,estaban complementadas cunha exposición industrial de primeira magnitude das principais firmas de Galicia,de tal importancia que nalqueles tempos (década de 1920s) tiñan parangón en ningunha cidade de Galicia.

DANIEL SEIJAS S.L. · 30-03-2008 a las 18:56

Esqueceiaseme unha cousa. Se alguén quere saber realmente,con detalles incluídos (aínda que certas persoas digan,que eu deste tema non teño nin idea,eles xa saben quen son),como xurdiu a feira do automóbil de ocasión de Pontecesures,que escoite o xoves día 3 de abril o programa «Palco de Estrelas» de Radio Valga.Emitarei un fragmento dun documento sonoro excepcional,inédito e en exclusiva onde se conta esta historia.Se queredes saber de que se trata e de quen é,pois haberá que agardar a este xoves,si non pasa nada raro.Un saúdo.

Responder a DANIEL SEIJAS S.L. Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.