O Concello quere se cumpra a legalidade en materia de ruidos no edificio do nº 10 da rúa Sagasta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na tarde de onte tivo lugar na Casa do Concello a reunión convocada para atopar unha solución ó problema de ruidos denunciado pola Comunidade de Veciños do edificio situado na rúa Sagasta nº 10, responsabilizando ó pub existente no baixo deste edificio.
Ademáis da presidenta dos veciños, de varios titulares de pisos no edificio, do propietario do local e da propietaria do negocio, asistiron á reunión a alcaldesa, Maribel Castro, o concelleiro do PP, Jesús Mª Rey Beiró e o non adscrito, Luis A. Sabariz Rolán.
Acordouse por todos que o vindeiro luns día 31 visitará o local o representante dunha empresa homologada en materia de contaminación acústica, e así coa presenza tanto dos titulares do negocio como dos veciños, realizaranse as comprobacións que correspondan en materia de ruidos (equipos, limitadores, insonorización, etc…), quedando ben claro que a intención do concello é que se cumpra a legalidade e conciliar o dereito a divertirse co dereito ó descanso da veciñanza.
Por outra banda, tratáronse os problemas de salubridade que presenta a galería deste edificio que une a rúa Sagasta coa rúa Estación e outros de seguridade pola existencia de frecuentes «botellóns» na mesma.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.