Comeza a obra na ponte interprovincial do río Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Onte persoal dependente da Unidade de Estrada do Estado en Galicia comezou a obra para colocar, no espazo onde estaban os bordillos das beirarrúas, unhas pezas de pedra duns 70 cms. de altura a todo o longo desta ponte medieval.
Estas pezas teñen como función protexer ós peóns que atravesan a ponte sobre o río Ulla e tamén ós automobilistas, tendo en conta os accidentes que tiveron lugar por caída ó río, nos que chegou a haber vítimas mortais.
Vaise colocar pedra en lugar de formigón por razóns estéticas ó tratarse dun monumento protexido.

Categorías: Concello

4 comentarios

cockydaponte · 1-04-2008 a las 16:40

Paréceme moi ben…a ver si serven para algo.
Por certo, supoño que será toda a ponte…e non pararan na metade…no cambio de provincia-municipio…como noutras obras anteriores, nas que quedaba a ponte asfaltada, por exemplo ata a metade.
Outra cousa: ese organismo(unidade de estrada do estado) ¿non podería seguir amañando as beirarrúas ata padrón?¿a quen llo hai que pedir?¿canto tempo hai que se solicitaron esas pezas para que as poñan antes de amañar ese pedazo de estrada que pasa pola Ponte?

pedro da cachopa · 1-04-2008 a las 18:16

Non me extraña que os da Ponte esteades abandonados,a sejun das eleccións sodes de uns ou de outros,e lojo virades de chaqueta.Xa sabedes,pas prosimas eleciones municipales facedes un partido Unidos pola Ponte e a ver si así vos fan caso,que estades deixados da man de dios.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-04-2008 a las 18:48

Por suposto as proteccións vanse colocar en toda a ponte. A Unidade de Estradas de Pontevedra do Ministerio de Fomento corre co mantemento da N-550 na provincia de Pontevedra (inclúe toda a ponte interprovincial). Obviamenter hai unha Unidade de Estradas na provincia de A Coruña, «cockydaponte». Para esta actuación houbo que facer varias xestións sí, pero teño a esperanza de que nun futuro próximo se acometa a restauración de toda a ponte. O proxecto está feito polo Ministerio, pero teñen que tomar a decisión política.

cockydaponte · 2-04-2008 a las 07:07

oe pedro, que eu saiba, e por desgracia…na Ponte non viramos de chaqueta…xa que,e volvo a repetir: por desgracia, sempre soen gañar os mesmos nas eleccions…¡¡¡E ASÍ NOS VAI!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.