AS PAPELEIRAS DA PONTE

Publicado por cockydaponte en

Por todos é sabido o total abandono que sufre a aldea da Ponte no concello de Padrón. Desta volta, e tralo incidente da porta do centro social, tócalle ás papeleiras da praza nova da Ponte.
Estas papeleiras levan cheas de lixo case un mes, sen que ninguén as baleire. Poderíamos limpalas calquera veciño, pero como estamos pagando un imposto para esto IGUAL QUE OS VECI?OS DA PROPIA VILA, entendemos que as deberían limpar os servicios de recollida do concello, ou como parece ser que hai unha persoa na aldea encargada deso….pois esta señora.
Para que vexades que non digo ningunha mentira, poño fotos de unha das papeleiras ó longo destes días(poñendo o rato enriba da foto sen clicar sae a data):

papeleira-11-03-08.JPG papeleira-13-03-08.JPG papeleira-22-03-08.JPG papeleira-28-03-08.JPG papeleira-31-03-08.JPG papeleira-01-04-08.JPG papeleira-03-04-08.JPG

O pasado día 03/04/2008 o grupo municipal do BNG, a través do seu representante no Concello de Padrón, Xoan Santaló, presentou un escrito solicitando que se proceda ó baleirado das papeleiras e que se estableza un calendario de retirada axeitado para que non se repita esta situación.

A ver canto tempo tardan en reaccionar….e ídevos preparando, veciños, que a saber que nos prohibirán agora(lembrádevos de aquel centro social que había na Ponte e que aínda que non estivese adecuado para o seu uso algúns veciños facíanse valer del para algunha que outra actividade……..e que agora está…un pouco máis se cabe… morto). Imos ter que pedir permisos por escrito no concello para que os nosos fillos, irmáns, sobriños e incluso nós, poidamos usar a Praza, para xogar, facer festas, reunirse…

E si por casualidade a nova sae no xornal….puff.


2 comentarios

albano · 5-04-2008 a las 14:45

Hola soy Albano, quisiera denunciar que el problema de la papelera en A Ponte, se debe a los amigos y compinches de cockydaponte, que deberían recoger lo que ellos mismos desechan y después andan armando bulla. Que personas más insociables y aun por encima van de progres. Que vergüenza que un concejal se interese por cosas tan vanales. A los que asistimos a clase del Xoan Santaló, no nos extraña que este señor se interese por estas cosas, esperemos que en la política no aburra a la Corporación con sus cositas como nos aburriamos nosotros con sus explicaciones.

cockydaponte · 7-04-2008 a las 07:25

Pois claro que se debe ós meus amigos e «compinches»…que fan uso das instalacións…
¿insociables? Eu penso que non…ademáis si non me coñeces nin a mín nin ós meus amigos….¿ti que saberás?
No tema das clases…está claro que che aburría porque ou se daban en galego ou non che interesaba a xeografía nin a historia…á parte deso:¿de que profesor che gustaban as explicacións?¿de conchita?¿de anustias?…non te fode….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.