Sementeira en Valga

Publicado por Antonio Cortés en

O Auditorio Municipal de Valga informa que este mércores, 30 de Abril terá lugar a SEMENTEIRA do trigo en colaboración co Proxecto Ronsel (avalado polas tres Universidades Galegas, Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta de Galicia) para recuperar o Patrimonio Cultural Inmaterial.

Este é o segundo ano que se leva a cabo e salientar como novidade que os nenos do colexio se meterán na leira a traballar xunto coas persoas maiores. Van participar tamén os usuarios do Centro de Día de Valga.

Horario:

* 10:00 saída do Auditorio (Cordeiro ?? Ferreirós 1A)
* 11:00 Sementeira co arado de pau acompañados das pandereteiras de Moldes. (Finca o Pradiño ?? Loncras ?? Ferreirós)
* 12:00 Parva

Máis información:

auditoriomunicipaldevalga@yahoo.es
Tfonos: 679-610922 / 986-556769


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.