III Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo. Participa a cesureña Adriana Rivas Seijo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Asociación Cultural Vista Alegre organiza o III certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo, O certame celebrarase o día 11 de maio no Auditorio de Bandeira-Silleda cun premio para o gañador que ascende a 1.500 euros, haberá 700 euros para o segundo clasificado e 500 euros para o terceiro. Asimesmo, darase un premio especial de 750 euros para aquel autor que interprete, coa maior aproximación ó estilo de Dopazo, unha das obras recopiladas no disco titulado «Manuel Dopazo, Crónicas Porteñas» editado por Ouvirmos e o Consello da Cultura Galega (Arquivo sonoro de Galicia). Este premio é compatible cos outros tres.
A cesureña Adriana Rivas Seijo, do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures, participa, de novo, neste concurso. Non dubidamos que o vai facer ben.

Categorías: CulturaSociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.