Subvención de 123.570,90 ó Concello de Pontecesures para contratar nove traballadores.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES.

A Consellería de Traballo ven de conceder estes días unha subvención o concello de Pontecesures de 123.570,9 euros para contratar 9 traballadores durante 9 meses dentro dos programas de fomento de emprego 2008.

En concreto serán contratados 2 peóns de xardiñería, 6 peóns de limpeza e 1 limpador para os edificios municipais dentro do programa de ??Mantemento e Limpeza de Instalacións, Locais e Xardíns Municipais?.

As ofertas de emprego foron presentadas o pasado día 2 na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa que enviará os candidatos/as, para realizarse logo a selección no propio Concello. Os interesados/as deben dirixirse a dita oficina ós efectos de actualizar a súa documentación coma desempregado/a e realizar as consultas oportunas sobre esta oferta de emprego.

Estamos a espera da concesión de outras axudas da Consellería de Traballo para a realización de traballos de tipo administrativo.

Pontecesures, 4 de xuño de 2008

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.