Marcos Serrano encabezará o domingo a Marcha Cicloturista Arousa, que pasará por Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Club Ciclista Xiabre ultima esta semana os preparativos da decimoterceira edición da Marcha Cicloturista Arousa. Unha proba que este ano contará cun invitado de luxo.
O profesional galego Marcos Serrano encabezará o domingo a cita arousá, traendo ata a bisbarra a un dos poucos ciclistas galegos que poden presumir de ter gañado unha etapa do Tour de Francia (no ano 2005). A victoria parcial na ronda gala encabeza o brillante palmarés de Serrano, que arrinca en 1998 co trunfo na Clásica dos Portos, continúa un ano despois co primeiro posto na xeral da Volta a Galicia, na que gañou unha etapda, para engadir no 2001 a xeral da Volta a Castela e León e no 2004 a Milán-Turín. Kelme, ONCE, Liberty Seguros e, a tempada pasada, o Karpin Galicia, foron os equipos de lustre nos que Serrano foi desenvolvendo a súa exitosa carreira deportiva.
A Marcha Cicloturista Arousa contará cun trazado libre de 15 quilómetros (entre Carril e Fontefría) e outro oficial de 110, con saída na Praza de Ravella de Vilagarcía ás nove e media da mañá. Desde aí comezaráse unha rota por Catoira, Pontecesures, Caldas de Reis, Vilagarcía, Carril, Abalo, Fontefría, Alto de Meda (642 metros), Fontefría, Vilagarcía, Alto de Ande, Mosteiro, Alto de Lois, Barrantes, Vilariño, Cambados e, de novo, a Praza de Ravella da capital arousá, a onde se prevé que chegue o pelotón a iso das dúas da tarde a unha velocidade media de 25 quilómetros por hora.
A inscripción segue aberta
A proba está limitada a ciclistas a partir de 15 anos cumpridos ao longo do 2008, cun máximo de 150 participantes, aos que a organización agarda chegar. Os interesados poden inscribirse o mesmo día da proba, ou ben a través da páxina web www.estevezseven.com. O custe da participación é de 15 euros.

LA VOZ DE GALICIA, 20/06/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.