O final máis doce para as festas cesureñas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nin na mellor das previsións agardaban en Pontecesures o rotundo éxito colleitado pola primeira edición da Festa do Churro, un evento que o Goberno local pretende consolidar en anos vindeiros. «Foi excelente. Tiñamos 3.000 bolsas e esgotáronse. Houbo que facer cucuruchos. Churros a rodar, chocolate a rodar…Foi un día perfecto», explicaba onte emocionada a alcaldesa, Maribel Castro. E é que as existencias de 6.000 churros quedaron escasas e chegouse a duplicar a cantidade. «Foi unha ledicia tremenda e continuaremos en vindeiras edicións para consolidar a festa», apuntou o concelleiro Luis Sabariz, quen agradeceu o traballo das churreiras, quen, ademais, achegaron a materia prima. Castro estendeu tamén os agradecementos «ás rapazas da vila que puxeron os mandís e botaron unha man». A degustación foi gratuita para os máis de mil asistentes.
As churrerías artesanas que colaboraron foron Patri, Sandra, Jamardo, Fina, Isolina e Benedicta. Cabe recordar que esta actividade ten unha longa tradición en Pontecesures, polo que o Concello quixo darlle un pulo creando esta celebración dentro das festas do Carme. O Padroado de Tiurismo Rías Baixas colaborou económicamente.
A Festa do Churro completouse coa actuación do Show dos Pallasos e do trío musical Soprano, aínda que surante todo o día (festivo local) se levaron a cabo actividades no municipio.
As festas do Carme empezaron o pasado venres. Os momentos máis destacados da fin de semana foron o desfile valeiro do domingo (no que se levou a réplica do estandarte elaborado en Cuba) e a actuación da orquestra Panorama, que esa noite ateigou as rúas da vila.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.