Excursión para maiores a San Andrés de Teixido.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será o sábado 2 de agosto, organizada polo Concello de Pontecesures co seguinte programa:
-Saída ás 8 da maña dende a Plazuela.
-Visita a San Andrés de Teixido.
-Xantar en Ferrol.
-Visita a cidade de Ferrol.
-Regreso ás 21:00 horas, aproximadamente.

Os prezos don de 15 ? coma cota xeral e 10 ? coma cota reducida e inclúe todos os custos: guía, autobús, entradas, xantar, seguro de viaxe…).
As prazas son limitadas e as inscricións rematan o 30 de xullo. Os requisitos son seren maior de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.
Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.
Para máis información hai que dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres, de 9 a 13:30 horas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.