O luns día 28 de xullo haberá pleno ordinario en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será ás 21:00 coa seguinte orde do día:

1-Acta anterior.
2-Proposta do equipo de goberno sobre o «Grupo de Desenvolvemento Rural 20».
3-Ordenanza Reguladora do Imposto sobre O Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Aprobación definitiva.
4-Resolucións da alcaldía. Dar conta.
5-Informes da presidencia.
6-Rogos e preguntas.

Coma sempre faise un chamamento ós veciños para que asistan ó pleno.

Categorías: Concello

11 comentarios

estudiante · 27-07-2008 a las 12:10

Pero inda andan a voltas co imposto novo ese,
Tamén manda carallo co Randulfe, encheu a boca de dicr que iba a baixar os impostos e ajora inda mete impostos novos. ´
si inda non son firmes recapacitade e dade pa tras homiños (bueno hai unha muller que manda en todos eses homes).
O PP galejo está a mandar quitar este imposto en ayuntamientos que o teñen implantado e aquí que non o hai, póñeno. Randulfe, onde andas?

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-07-2008 a las 12:25

Estase co trámite previsto na normativa para a aprobación da ordenanza tendo en conta que houbo unha reclamación.
Vouche corrixir unha cousiña, porque non é correcto desinformar á xente. O PP galego non é partidario de retirar o Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. ? partidario de bonificar as transmisións por herdanzas no 95%. Por certo en Pontecesures está previsto iso.

Irmandinho · 27-07-2008 a las 14:58

El creer y votar es la consecuencia de estos atracos.
¿ Vio alguien algún político que estando en activo redujera su status?. Lo busco y no lo encuentro

estudiante · 27-07-2008 a las 22:30

Está ben que defendas a política do PP, e estiven consultando hemeroteca e realmente non falan de supresión senón de reducción.
A noticia do PP era:»El PP bajará el IBI, el impuesto de rodaje y plusvalías de viviendas en us concellos»
«Los 160 concellos en los que gobierna el PP se beneficiarán en el primer trimestre de 2008 de un triple beneficio fiscal…»
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3185_4_181627__Galicia-bajara-impuesto-rodaje-plusvalias-viviendas-concellos
Realmente en Cesures desto nada de nada de nada, ao contrario onde non había inda puxéstedes, e como di o Bloque, a excepción das herdanzas, no resto ides ós tipos máis altos que permite a lei. Esa é a realidade e o resto janas de enredar Sr.

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-07-2008 a las 23:23

Ves como estabas errado, «estudiante» e vai a reducción do 95% no imposto en cuestión. Non defendo a política do PP. ? máís; esas medidas en conxunto con tinte electoralista nunca me gustaron. Sempre se comenta diante da opinión pública que hai que recadar menos, pero despois se di que hai que facer máis cousas. Iso é imposible.
Tamén confundes ó dicir que poñemos os tipos e as cotas máis altas que permite a lei. Sabes que non é certo.

estudiante · 28-07-2008 a las 10:19

Os tipos aplicados están desde lojo no tramo máis alto, están máis cerca dos máximos que doutra cousa. Non queiras enredar paxariño.
Pero baixando á realidade máis real.
Ti ves como vai España? e Galicia e Cesures?
E que esta crisis tanjrande na que xa estamos ata o cuello e inda pode ir a máis non lle afecta os de Cesures?
Ti non ves o parón da construcción, o frenazo en seco, tamén de Cesures?
Veo ata o mía parvo e ti sejuro que tamén o ves, Meterlle un imposto ajora ós terrenos onde se pode construir ou os contruidos, tal como está o mercado inmobilairio hoxe é non ter cabeza.
Bueno, ou é importarlle todo un juveo con tal de cobrar os dous magníficos soldos a fin de mes e polo resto que se joda todo.
Eso é o que hai Sr, o resto é andar enredadndo, se a reducción nas herdanzas nos tamén a facemos ou si os tipos aplicados inda podían ser un pouquiños máis altos. A realidade e tozuda e ao meu xuizo iso é unha gran metedura de pata por quen joberna este pueblo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-07-2008 a las 10:38

Non é cuestión de entrar aquí nun debate de tributos municipais, de financiamento dos concellos, ou das dedicacións exclusivas na administración local. Este imposto grava as transmisións (non a tenenza) de terreos de natureza urbana. E grava ó transmitente non ó adquirente.

estudiante · 28-07-2008 a las 11:44

Qué ten que ver, para o que eu comento, si grava a quen compra ou a quen vende, o caso e que grava as transmisóns das fincas, en venta -ou compra, porque habitualmente acaba pagando o imposto quen compra- tamén das casas e dos pisos, pois están construidos en fincas urbanas. Ti voltas a a emplear cando o tema non vai enteiramente polo teu rejo, a técnica de «non é cuestión de entra aquí…». Este imposto aparte de causar un prexuízo económico para quen compre-venda, traspase, é decir prácticamnete para todos os veciños porque máis cedo ou máis tarde as propiedades cambian de dono, non as leva un para a tumba, tamén afecta negativamente á construcción de inmobles e ao mercado inmobiliario,nestes tempos de crises, ou somos parvos. Pero alá vos.

churry · 28-07-2008 a las 19:28

boas tardes a todos,solo queria entrar para saber si alguna persoa me podia decir si no pleno de hoxe se vai a comentar sobre o tema das persoas que entraron a traballar no concello,porque o señor Sabariz dixo que tiñan que dar explicacions nun pleno,pero non sei, si e neste ou en outro,si alguen mo pode decir doulle as gracias.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-07-2008 a las 20:45

Claro que se darán explicacións, «churry». Ven ó pleno.

sobreiras · 29-07-2008 a las 18:49

Penso que xa vos quedou bastante clariño a todos o que lle importa aos do BNG : os impostos, as contratacións, os tribunais, o GRD-20, o tren, os deportes, etc., etc., etc. Sempre foron moi traballadoriños e sígueno sendo. Só saben tergiversar e mentir sobre o goberno nos boletín do BNG, ou na súa páxina web, donde nadie pode intervir, nin opinar, nin criticar. Predica meu cura, predica meu frade, por un oído me entra e por outro me saile.Que fiasco para os seus votantes, que non os represntan no máximo organo de goberno do Concello que son os plenos. Esta sempre foi a súa democracia. Penso que e a primeira vez que pasa algo así no noso Concello.

Responder a Irmandinho Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.