Mañá dÃa 12, reunión cos colaboradores/as das Festas do Carme 2008.
Será no Centro Social de Pontecesures ás 21:30 horas e o Concello convocou ás persoas que colaboraron na Festa do Churro, e que foron pedir donativos polas portas. O obxecto da reunión é agradecerlle o seu labor en nome de todos.
Despois do éxito das festas deste ano, os colaboradores/as ben merecen o recoñecemento do concello.
2 comentarios
O presidente da república · 11-08-2008 a las 22:53
Coa venia, señor Sabariz, e perdoe que me dirixa a vostede, pero como de cotÃo e despois de tódolos males habidos e por haber, é con vostede con quén podemos falar sobre o acontecer municipal, o cal sempre se agradece. O asunto que nos ocupa é as festas do Carme, veño de ler a noticia onde se dà que os do San Roque de Porto acadaron a interesante contÃa de trinta mil euros, e doutro lado vexo que a última noticia sobre o recadado para as festas do Carme estaban en torno a doce mil ou trece mil euros, se me confirma estes datos, cando teña tempo, serÃa interesante pensar en facer un estudio sobre a diferente recadación para un e outro evento. A diferenza, de confirmarse os datos, é importante ¿cal é a razón
Luis Angel Sabariz Rolán · 12-08-2008 a las 21:31
Os donativos para as Festas do Carme superaron por pouco os 20.000 � «O presidente da república». Descoñezo a recadación obtida para as festas de Porto pero tes que ter en conta que hai unha comisión alà que traballa todo o ano e que teñen outros ingresos ademáis dos donativos (camisetas, por exemplo). Outro tema; alà teñen una cota de 60 � por casa (ou por familia, non estou seguro) e este compromiso é asumido polos veciños. Non cabe dúbida que ditos veciños de Porto están moi comprometidos e orgullosos coa súa festa. E iso está moi ben.