Convocatoria para contratar un monitor para ximnasia de adultos no Concello de Pontecesures.
Para cubrir un posto temporal, ate o vindeiro 30 de xuño de 2009, precísase contratar un/ unha MONITOR DEPORTIVO PARA XIMNASIA DE ADULTOS cun contrato a tempo parcial de 2 h. diarias de luns a venres; un salario bruto de 240 ? mensuais; e unha xornada laboral que é os luns, mércores, e venres pola mañá, e o martes e xoves pola tarde.
Os/as interesados/as entregarán a súa instancia, acompañada co currículo de méritos alegados (estudios relacionados, contratos anteriores, etc), presentándose todo elo no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontecesures, rematando o prazo de presentación da documentación o vindeiro 16 de outubro de 2008 ás 13:30 h.
Poderase consultar as bases de selección e baremo no taboleiro do concello.
0 comentarios