Renovación parcial do Consello Escolar do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O xoves día 16 de outubro ás 12:00 celebrarase na biblioteca do CPI Pontecesures o sorteo público para elixir os membros da Xunta Electoral que actuará na eleccións de membros do Consello Escolar. A Xunta estará composta pola directora do centro, un profesor/a, un pai/nai, un representante de administración e servizos e un alumno/a.
En concreto vise renovar un dos dous representantes dos pais e nais; dous dos tres representantes dos alumnas/as; tres dos seis representantes do profesorado; e o representante do persoal de administración e servizos. O representante do Concello será proposto por éste.
Vaise iniciar o proceso e os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios do centro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.