Licenzas urbanísticas concedidas hoxe pola Xunta de Goberno Local.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Por unanimidade e contando cos informes favorables correspondentes, a Xunta de Goberno Local integrada pola alcaldesa, Rafael Randulfe, Jesús Rey e Luis A. Sabariz, acordou conceder as seguintes licenzas:

-A Fincas Cesures S.L. (Ramón Taibo Sumay) para construir 5 vivendas unifamiliares en 5 parcelas da rúa Doctor Mosquera 14 de Condide. Son 5 expedientes de obra distintos.

-A María Genma Barreiro Sanmiguel para construir unha nova vivenda unifamiliar na parcela B de Toxa 22, logo da segregación realizada.

-A Unión Fenosa Distribución S.A, para o cambio de 6 apoios de alta tensión co fin de adecuar a liña eléctrica de alta tensión (66 quilovoltios) «Padrón-Tibo I e II». Lembarse que suprimense outros tantos apoios.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.