Próxima entrega do vehículo contra incendios e emerxencias de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES

Na Xunta de Goberno Local que tivo lugar no día de onte, adxudicouse, logo de seguirse o correspondente expediente de contratación, a Ziegler España S.L. de Sevilla o subministro dun vehículo contra incendios e de salvamento para o Concello de Pontecesures. O custo do vehículo é de 66.266,66 euros e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aporta o 75% de dito importe ó abeiro do convenio asinado con data 19/05/08 con este concello. O vehículo vai ser entregado ó concello perfectamente equipado entes do 8 de novembro próximo.
O goberno local quere agradecer a importante axuda concedida pola administración autonómica e quere mostrar a súa satisfacción xa que imos ter un vehículo (Pick-Up) moi necesario para as emeerxencias. Ata agora tiñamos verdadeiros problemas ante calquera mínimo accidente ou incendio por falla de medios. con este logro esperamos satisfacer o mellor posible as necesidades nestas cuestións de protección civil.

Pontecesures, 16/10/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.