«Que risa, que mentireiro» (vía blog BNG Pontecesures)

Publicado por Antonio Cortés en

Vía: Blog BNG Pontecesures

Categorías: Política

39 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-11-2008 a las 18:49

Segue o BNG erre que erre enchufando ou desenchufando o vídeo cando lle parece. Eu nunca mentín sobre este tema e reitero unha vez máis o seguinte:
1.?s dirixentes do PSdeG-PSOE que nos ofertaron ir coas siglas, dixémoslle que nunca apoiariamos ó Sr. Álvarez Angueira na investidura para seren alcalde.
2.Tamén lle dixemos, que non apoiariamos tampouco un candidato do PP.
3.Para nada se falou da imposibilidade de apoiar a un candidato/a independiente para seren alcalde ou alcaldesa.
4.En consecuencia non incumprimos o pactado cando aceptamos encabezar a lista socialista, e os Sres. Pose e Froján son os que mellor poden aseverar o que escribo.
5.Sí incumprimos o acordo marco asinado despois das elección municipais para toda Galicia. Pero ese non era o noso compromiso e mira que llo repetimos veces ós representantes socialistas cando entramos. Reiteraron que non ía asinarse o acordo marco. Ben saben eles que se así nos fora exposto o acordo, non houberamos entrado nin de broma. Iríamos coma unha agrupación independente de electores coma tiñamos previsto.
6.Aínda así, os membros da lista tómamos a decisión do día 16 de xuño de 2007, o día 15 de xuño como xa relatei.

Parece que o BNG segue doído e non acepta a decisión. Pois xa tiveron tempo para facer a dixestión.
Actuamos, con claridade, con transparencia e sobre todo con liberdade. Penso que acertamos.
O sometemento sen convicción, o ir contra os nosos pensamentos e contra o que afirmamos, sería insufrible. Poderán dicir o que queiran, pero nós sempre coa cabeza alta. Nun determinado intre é máis importante a dignidade e a honestidade que calquera sigla. Por suposto é máis doado dicir isto senón vives da política. E nós somos meros afeccionados.

estudiante · 11-11-2008 a las 10:54

Despois de ler esto volves ver o video e te das conta da razón do título da entrada.
Comprobadeo.

Tuso · 11-11-2008 a las 14:29

A min xa non me da a risa. Estou preocupado.
*estudiante*, comprobei dúas veces o contido do vídeo e non acabo de ver as mentiras ás que se alude no título da entrada.

Xa é a segunda vez que me pasa cun vídeo deste tipo (o anterior foi «Enganador»:http://www.pontecesures.net/2008/10/29/enganador/ ).

Como xa comenzo a dubidar do meu criterio, agradecería que alguén me axudara e explicara a que mentiras se refire e en que momento do vídeo se din. Dígoo en serio, sen ánimo de polemizar, porque ando algo desconcertado con estes cortes de vídeo que están a poñer nese blog.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-11-2008 a las 16:11

Todo isto é unha burda manipulación que xa cansa, «Tuso».
Dálle ó video as voltas que queiras, «estudiante». ¿Que o BNG de Pontecesures segue a culpabilizarme da súa actual situación?. Triste consuelo. ¿Que esperaban impoñerme o acordo marco par achantarme?. ¡Que errados estaban!.
Sabe perfectamente a dirección nacional do BNG as nosas razón e quen foi o gran culpable. Que lle puxeran remedio a tempo.

O Rei · 11-11-2008 a las 16:12

«Tuso» ten razón. A Sabariz véselle nervioso e intranquilo ante a pregunta, non sabe moi ben como reaccionar e como responder, con quen está falando para toma-la dedecisión… pero en ningún momento di que vaia a apoiar a Angueira.
Está claro que hai xente que só escoita o que quere oír, e outros que queren manipular para provoca-la mesma reacción nos demáis poñendo interesadamente só parte da realidade.
Que colguen o vídeo completo ou un enlace ó mesmo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-11-2008 a las 16:29

Claro, «O Rey». A entrevista foi uns día antes da investidura e se estaban a barallar as distintas posibilidades entre os membros da lista e comentándolle ós responsables do partido ditas posibilidades. Non hai mentira por ningún lado, e a decisión definitiva non estaba tomada o día da entrevista.
Reitero que isto é unha burda manipulación tratando de machacar a unhas persoas que con total liberdade, tomamos unha decisión que consideramos a mellor. Buscarlle ós tres pés ó gato non ten sentido (nin prebendas, nin asuntos turbios, nin corrupción, nin historias rocambolescas). Todo é moito máis sinxelo. Interesadamente na rúa, os nacionalistas cesureños contan a súa película dicindo ós veciños que tivo que haber algo raro e que somos vendidos, tránsfugas, chaqueteiros ou termos polo estilo. De pena.

estudiante · 11-11-2008 a las 20:21

O dito no apartado 1 polo Sabarís non concorda co dito no apartado 6. Se o tiña clarísimo dende o principio, a que veñen as dúbidas que manifesta no video.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-11-2008 a las 20:29

Pois está clarisimo, «estudiante». Sometimos a decisión á votación dos membros da lista, e ese sería o sentido do voto ó día seguinte, como así foi.

Tuso · 13-11-2008 a las 13:46

Graciñas polas aclaracións, xa me quedo mais tranquilo.

*estudiante*, sabes de sobra que o dito no apartado 1 polo Sabarís *non concordaría* co dito no apartado 6 *se non empezase* dito apartado 6 por un «Ainda así,…». Pero é obvio que ese «Ainda así,…» está ahí.

Eu por moito que visione o vídeo, non acabo de ver a relación entre os títulos dos vídeos e os contidos. ? unha mágoa que ninguén do bng local (¿andan moi liados ou xa non lles deixan expresarse aquí?) explique porqué titulan así eses vídeos, nin aquí, nin no seu propio blog.

estudiante · 13-11-2008 a las 19:20

Mira Tuso, a miña opinión non varía. Ti podes ver o que queiras. En canto o que opinen os do BNG, titulen ou deixen de titular pois é cousa túa e máis deles, eu me limito a opinar sobre a entrada e sobre o video e digo que estou de acordo co titular e non hai que ser moi listo para velo, a non ser que se teñan os ollos abertos solo nunha soa dirección.Xa é problema de cada un.

Cara de cona · 13-11-2008 a las 19:48

Ainda andan jodidos os do bloque coa patada a angueira…..estuvolle cama dios estudiante….o saba anunciouno…repiteuno…e o final cumpleu cun par de collóns…os socialistas lapidos, danieles, pichochos, piñeiros e cabuxas os teñen así de pequeniños…. andiveron a poñer a angueira podre por todas partes…pero a hora da verdade moscas cojoneras pero sin remate…todo rollo…chu chu chu na plazuela e fume e fume…o Saba todo valor tricouno cando pudo e agora que vaian a queixarse por aí.
Aplauso para un home de palabra e posto en pe. PLAS PLAS PLAS PLAS..

checha · 14-11-2008 a las 01:43

Cara de cona como sempre todo educación.Ademaís que tes que che vexo moi acelerada.Pasa pola consulta de Roberto que che dea un lexatin que estas como unha moto.Por Dios que mal xenio.

Tuso · 14-11-2008 a las 14:03

Non pretendo nin son quen para facerche cambiar de opinión *estudiante*. Eu confórmome con cambiar as miñas cando a realidade me ensina que estou equivocado, é o que ten non ser moi listo 😉 .

Tiroliro II · 14-11-2008 a las 19:11

Nada novo vexo no video, Sabariz cargou a angueira e deixouno fora, e checha cecilia que iba a cobrar unha exclusiva según dixo a da escola saleu de estampida no pleno de investidura cunha cara de mala ostia que non vexas, este é o tunel do tempo, e aquel socialista prehístórico das barbas bramaba e bramaba, que consecuencias, que día glorioso no que rematou a prepotencia….o vello Cacharro xa pode morrer tranquilo, que razón tiña o veterano, acabouse a dentadura como aquela canción da transición

Cara de cona · 15-11-2008 a las 20:39

estudiante…oes eu non vexo nada do que dis no video…o saba anda vacilante…pode ser pero a angueira cargáronno todos os da lista…hasta pepe o lebre quería velo fora….e cumpriron vaio se cumpriron…chapodárono nun plis plas…grandes males grandes remedios…

estudiante · 15-11-2008 a las 21:13

Se ti podes ver que estivo vacilante, vindo de ti xa é bastante.
Mira o saba nunca fixo caso de nadie, de nadie nunca e nunca o fará, sempre fixo o que lle petou en gana. ?l soiño tomou sempre as súas decisións e os demáis que tivo e ten ao seu arredor se fixeron o que el dixo ben, e senón tamén. Ti quizás non te deas conta disto, pero proba a levarlle a contraria, a pensar ou obrar distinto del, xa verás como non lle importa e pasa de ti.
Neste caso leva dito nesta páxina en múltiples ocasións sempre o mismo, que si a decisión estaba tomada, que si xa lle dixera ó PSOE que con Anjeira nada de nada etodo o que el conta aquí unha e poutra vez.
Se eso era así a que veñen esas dúbidas do video de Telesalnes de 2 días antes. Unha de dúas ou non o tiña tan claro (eso é que deixa entrever no video) con expresión coma:
«él parece que non quere nda conmigo»
«Estamos en conversacións co Psoe»
«estamos falando»
«Vamos a ver en que lado quedamos»
etc, etc,
? un mentireiro e estaba enganando ao pobo a través da televisión, a decisión tiñaa máis que tomada e o de reunirvos o venres é unicamente paripé.
Estouche a dar explicacións que a ti che sobran.
Saúdos cordiais.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-11-2008 a las 23:58

Segues, «estudiante» coa mesma música. A decisión tomouse o venres 15 de xuño de 2007, non lle deas máis voltas. As mellores testemuñas: os integrantes da lista.
Deixate de paripés e asume dunha vez o que pasou. Seis votos sempre serán máis que cinco. Busca as razóns porque non saiu elixido o ex alcalde, porque hainas dabondo. E aínda se coñecerán maís. Ao tempo.

renejado · 16-11-2008 a las 09:44

Sr. Sabariz ahi se ha pasado,tanto presume de informar en esta página y nos deja con la miel en los labios.Si algo sabe informenos y no nos deje con las dudas.
Si algo sabe dígalo y no lance cortinas de humo que lo único que consigue es aburrir con el gasoil,sms,fotocopiadora,etc.
Repito si tiene información en la que consiga convencerme de porque ha actuado,como ha actuado se la agradeceria y tendra un votante convencido para las próximas elecciones.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2008 a las 11:15

Non é cuestión de votos, «renejado» nin de aburrir ou divertir a ningúen. Cada cousa ao seu tempo.

Cara de cona · 17-11-2008 a las 18:30

Cala estudiante…na investidura a angueira cantáballe no papo…chamou o psoe para que achantaran o Saba e estaban todos confiados….unha festa, toda a peña, a familia…pero claro logo levo un carallo como un pino…e marchou toda a camarilla pola rúa abaixo…igualico que cando perdeu pileiro e foise coa súa xente….mal asuntocon estas adhesiones…e logo creo que tomaron champán..para algun hoxe aínda é aceite de ricino…o Saba mandou parar amigos…pero a súa xente támén…a Mosca..o Crego…un do americano…a cacharra…o médico..e toda a lista en fin querían apartar a angueira e cumpriron amiguiño….
estudiante…. hai que aguantarse…acordache do xurxo gasoil…dicia na campaña maioría sobrada.. Saba e un tolo que non quita ningún, do psoe non lle vota nadie…maribel nin sale…o randulfe polos bares….ganamos de tacón… esta feito…
Que carallo levaron, aínda me estou rindo agora…jo…jo…jo..por trapicheros

laranxa · 18-11-2008 a las 13:15

Non sei que papel esperaba lle «tocase» o Sr. Sabariz,pero o que si sei que lle tocou ser»o tapafugas das mañas da Sra.Maribel»

pandorcas · 18-11-2008 a las 15:50

Aproveitando que no concello hai un lugar pechado para facer deporte podias ir de vez en cando por alí.
tamén podias dar unha volta polo Rial e mirar ben adonde chega as beirarruas dos novos edificios.
Eu no voso lugar apuraria de tirar o peche da csa anterior pois «canta» demasiado

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-11-2008 a las 17:00

Non, «laranxa». Non son fontaneiro para facer de tapafugas de ninguén.
A cesión da obra do Rial xa foi debatida neste medio, «pandorcas», e houbo comprobación do técnico municipal sobre o terreo. Tamén a oposición examinou o expediente. Os peches existentes preto da obra están fóra de ordenación e terán que ceder á liña do PXOM en canto edifiquen os titulares.

Cara de cona · 19-11-2008 a las 18:55

O video un fracaso total…todos os que vin rianse da manipulación do bloque no seu blog….o Saba non o pillan nin de coña…..revolver o tema de que si transfugas e virachaquetas xa non vende….hai estudiante que mal o tedes para as próximas….quedan catro ou cinco talibáns por aí con fe cega….pero o groso da poboación xa fala de que os do bloque son mangantes e vagos…checha chechiña en que mal momento entraches muller….pensao ben,,,,quédache un valle de lagrimas con esas compañías…..e arrastrada para o abismo…..hai que ir dando o piro….que remedio….

pandorcas · 19-11-2008 a las 19:39

Temolo clara eu pensaba que cando se edifica as estradas tiñan que quedar mais amplas que antes da construccion, pero xa vexo que para vos non e asi. Sera por iso que agora pedides papas por o mal que quedou todo o relacionado con as edificacions no Rial e pedides AXUDA nada menos que a Xunta.
Este medio como ti dis so e un medio para faladurias pero non e aqui onde se toman decisions e acordos do que esta ben ou mal feito.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-11-2008 a las 21:02

Pero, ¿quen pideu axuda á Xunta?. Que eu saiba ningúen, «pandorcas». Xa expliqui o tema das cesións no Rial, veu ademais o BNG de Pontecesures a comprobalo xunto co técnico municipal, e podes vir tí cando queiras a consultar o expediente na Casa do Concello.

estudiante · 19-11-2008 a las 23:00

Parece Cara de Cona que che molesta que opine neste medio porque non opino o mesmo ca ti, que so ovideo non tivo éxito, que si os do BNG vn perder moito, ect. Me vinculas cos do Bloque e ainda que non me importa en absoluto, estás errada ou errado, agora ben, prefiro que se me vincule co Bloque que con «Grupos» como o da Cacharra ou de Sabarís, eso sí que me fastiadiaría.
Recoméndoche non obstante, que te fagas mirar por algún especialista pois o teu, sexas quen sexas, é moi jrave.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-11-2008 a las 23:59

Non sei porque atacas ao grupo que formamos para as pasadas eleccións, «estudiante». Estoulle moi agradecido a todos. Teño a sensación de que escribas do que escribas sempre me metes polo medio.

estudiante · 20-11-2008 a las 09:37

E ti contento, vamos contentísimo.
Tamén é raro que contestando a afirmacións de Cara de Cona, respostes ti. ¿Non é raro?

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-11-2008 a las 10:17

Non queres entender «estudiante». Dixen que na túa escrita e cando lle contestas a «Cara de cona», ou a quen sexa, sempre me metes a min polo medio. ¿Por que citas na túa contestación ó grupo de Sabariz?.
Voltando ó tema do vídeo. De mentireiro nada.

estudiante · 20-11-2008 a las 10:56

Eres un mentireiro empedernido Saba, e no video compróbase perfectamente, bueno salvo ti, Tuso, Cara de cona e Tiroliroliroliro, claro.
Vou a decir máis, se non vos afecta (os catro que acabo de nomear) porque repetidamente insistides e insistides unha e outra ves?, pasade do video e punto, o video di o que ti dixeches, jústeche ou non.
Eu o único que dijo é que co título do vídeo ou da entrada ou do que sea, tratándote de mentireiro, á vista do que aí se comproba, é certo. Se che fastidia a ti e máis os teus adláteres que queres que lle faja eu, que cale e non opine?, pois non.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-11-2008 a las 11:49

Os persoeiros de ficción non me preocupan, «estudiante». Na rúa, moitos seguedores do medio me ratifican a burda manipulación. De mentireiro, precisamente, non teño fama.
Tampouco merece continuar coa discusión. E igual, «patacón pa ti».

estudiante · 20-11-2008 a las 17:06

Eu nese videi non vexo manipulación algunha, como máximo cada un interpretará o que queira á vista do que alí ti dis coa túa boquiña, pero manipulación non a vexo eu por ninjún lado, Non sei se tes fama de mentireiro ou non porque non me ocupa nin preocupa, pero ser sí que o eres.
Patacón pa min? NON.
Peseta para ti, sejuro, sejuro e que a disfrutes.

pandorcas · 20-11-2008 a las 18:09

Como hoxe e 20 de novembro moitos de vos debedes ter dia de asueto, penso isto polas horas que aparecen nos vosos escritos.Tamen podo pensar que e a hora do bocadillo.
Deberiades pasear moito mais polo Rial Aquilo da noxo.As cunetas, zonas axardinadas,zona para aparcar……estan enriba da pista.Abride ben os ollos e se e necesariolevade unha regla.

Cara de cona · 20-11-2008 a las 18:52

Eu non teño grupo estudiante…non teño peña….non fun as comidas da chatarra de mogollón a conta do pobo….nin tampouco a outras festas e papadelas do bloque con angueira, xurxo, o tacón, como vivian de puta madre no goberno…agora ata lle chamas pesetero o Saba…jo..jo..jo…tedes a rabia carallo..

estudiante · 20-11-2008 a las 19:52

Agora sae Cara de cona a defender ao Saba, que compenetrados estades.

manolo o do bombo · 20-11-2008 a las 22:40

Cara de cona xa quixeras ti que foras no grupo de angueira,que vas a ir no psoe de sabariz para as proximas jo…jo…jo

via13 · 20-11-2008 a las 23:33

Cando contará o «señor» Sabariz con quen estikvo reunido e onde pa decidir o q fixo nas eleccións. Claro q foi antes do video hai xa o tiña decidido inda q o siga negando. Alguns sabemos con quen e cando pero esperaremos a q o diga inda q non se atreverá nunca porque él «non minte nunca» juas juas juas

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-11-2008 a las 01:03

Non teño que agocharme de ningúen. Senón cres que a decisión definitiva foi tomada na véspera, pouco podo facer. Non imos seguir discutindo isto, porque non conduce a nada: «lo hecho, hecho está».

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.