Bastante público nas procesións desta mañá e no Encontro da Plazuela.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A pesar de que choveu nalgún momento, as procesións, que partiron ás 11 horas de Carreiras (co Cristo coa cruz a costas) e de Porto (coa Virxe das Dores), foron bastante concorridas. Na de Carreiras houbo estrea de capuchinos e capirotes para os costaleiros (foron elaborados por Sinda e por Edelmira) de cor violeta. Tamén houbo estrea de capuchinos e capirotes de cor negra para os costaleiros de Porto (foron elaborados por Elena, viúva de Miúco, e por María Cordo) e, nesta comitiva, tamén acompañaron a imaxe da Virxe varias mulleres vestidas coa mantilla española.
O Encontro foi ás 12 horas na Plazuela, onde se pronunciou dende o balcón do Tele Bar o Sermón das Sete Palabras e cantou o Coro Barcarola de Pontecesures.


4 comentarios

estudiante · 11-04-2009 a las 11:56

E que había na prazuela Sabarís, entre unhas 8 e 9 mil personas, ja, ja ,ja.

o.gcv · 12-04-2009 a las 11:05

¨estudiante¨esos datos tenos que dar D. Arturo, jejejeje. Porque o dos 12.000 asistentes sei que foron datos que dou a empresa que organizou o evento, que eran de Vigo, esto pasa por non organizar o concello as suas cousiñas…..

estudiante · 12-04-2009 a las 11:51

Pero o Sabarís iba diante de todo nas procesións, debía ser que como había tanta xente tiña que dar instruccións os municpales pra que foran abrindo paso, e se non era por eso, era porque se vai no medio da xente como os demáis igual non se lle ve tanto e jústalle que se lle vexa. Bueno tamén conta a xente unha por unha.
Debeu perder a memoria dos coches e das motos que había na feira do outro día, que di que eso non lle importa, jo, jo, jo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-04-2009 a las 12:05

Home, «estudiante», agora ata te metes conmigo en relación coas procesións. Se vou a un sitio, porque vou; senón vou porque non vou; se vou atrás porque non vou diante; se vou diante é porque me gusta que «se me vexa». Faga o que faga, diga o que diga, non che vou convencer. ? igual, a nova é que as procesións estiveron ben, o resto é o de menos.

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.