O Concello de Pontecesures organiza o Samaín 2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será o sábado 31 de outubro de 16:00 a 20:00 horas no Centro Social para nenos/nenas de 6 a 12 anos, e sendo as prazas limitadas.

Ás nais e aos pais que desexen que as súas fillas e fillos asistan a esta actividade solicitámoslle:

1.Que entreguen a solicitude cuberta nas oficinas do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
2.Que se fagan cunha cabaza ou calacú e con anterioridade ó día sinalado baleiren o seu contido.
3.Como o número de prazas é limitado, anotaranse as solicitudes por rigoroso orde de entrega. O prazo de inscrición remata ás 14:00 horas do martes, 27 de outubro.
4.Para resolver calquera dúbida poden poñerse en contacto con Técnica de Cultura, Cecilia Ferreiro Soto, no teléfono 986 564427.


4 comentarios

DON PEPITO · 24-10-2009 a las 08:36

Vaia forma de descriminar a os nenos de 0 a 6 anos e de 12 en diantes anos.E logo sò teñen dereito a disfrutar do Samain os nenos de 6-12 anos. E o resto quedan na casa. Non mo podo creer, ou faise unha actividade para todolos os nenos ou non se fai.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-10-2009 a las 09:58

Yo supongo que será por el manejo de tijeras o cuchillos para la preparación de las calabazas. Pero lo mejor, «DON PEPITO», será que llames a la Técnica de Cultura el lunes al número de teléfono que figura en la nota.

DON PEPITO · 24-10-2009 a las 11:25

As calabazas podense dibuxar, podense facer de plastilina, etc.Esa non é unha razón.E despois de todo, non saben utilizar as tixeiras os nenos de 0-6 pero que me di dos maiores de 12 anos

arredemo · 26-10-2009 a las 15:25

Estou de acordo co comentario de «don Pepito»; debería ser unha actividade da que disfrutaran todos os nenos do pobo; e si o centro social faise pequeno, que vaian o polideportivo. Desde logo, a excusa das tixeiras non ma trago.

Responder a DON PEPITO Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.