Carta aberta dos non adscritos de Cesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

LUIS SABARIZ ROLÁN E ALFONSO DIZ VILAR

Tanto nas sesións plenarias como nos medios de comunicación é frecuente que os integrantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Pontecesures se dirixan a nós de xeito despectivo co termo ??tránsfugas?. Pois queremos aclarar que nós non cambiamos de onde estabamos.
Fomos afastados das siglas do PSdeG-PSOE polo único ??delito? de non posibilitar que Pontecesures continuase co alcalde do BNG que levaba oito anos no cargo. Por non obedecer a un pacto nacional entre as dúas forzas políticas, asinado despois das eleccións municipais do ano 2007.

Coñecía perfectamente o Partido Socialista, cando nos chamou para formar parte das súas listas, que non iamos apoiar a reelección do ex alcalde, chegado ao caso, por razóns relacionadas coa súa xestión ­(a falla de transparencia, unha burla aos dereitos básicos dos concelleiros, contratacións de persoal sen procedemento, irregularidades en subministros de combustibles ao Concello, etc.­.)

Aceptaron as nosas condicións, nos aseguraron que non habería o pacto global en cuestión, e como non foi así, fomos sacrificados por este acordo ??a posteriori?, sen posible defensa e como se fosemos un estorbo.

Pois ben; pasado o tempo e contemplando o elevado número de escándalos por comportamentos dos cargos políticos a todos os niveis, queremos manifestar que aquí seguimos os concelleiros non adscritos a traballar o que podemos en favor dos intereses de Pontecesures, que é o que nos move. Nós non perseguimos adicacións exclusivas, non entramos en formacións políticas pensando na carreira profesional, non precisamos consorcios, non ??colocamos? finca algunha dende o punto de vista urbanístico, non vimos a servirnos do cargo.

Coñecen perfectamente os nacionalistas cesureños que non estamos ??no mesmo saco? que outros persoeiros da política tristemente famosos. Imos lixeiros de equipaxe e os veciños de Pontecesures son os que mellor o saben.

DIARIO DE AROUSA, 28/10/09


10 comentarios

manolo o do bombo · 28-10-2009 a las 11:54

A estas alturas seguimos con esta cantinela,bla bla bla bla,xa cheira todos sabemos o que hay,cando das tantas explicacións,e que te sintes cagado.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-10-2009 a las 14:20

Notaseche doído, «manolo o do bombo», coa nota dos non adscritos. Pois aquí estamos é estaremos para dar a cara sempre. Asuntos de corrupción hainos sobrados na vida política. Analiza ben a nota, e compara co que está a ocorrir na vida pública. Imos coa cabeza alta ¿Cagados nós? ¿Por que?.
Tratas, claro, de desacreditarnos, para que ninguén nos crea. Pero a túa mensaxe e a dos teus cada vez é menos seguida. Os escándalos que anunciáchedes polo noso comportamento non teñen lugar. As acusacións de corrupción e de enriquecemento tampouco se concretan. O globo vai quedando en nada, manolo.

manolo o do bombo · 29-10-2009 a las 10:26

Eu non estou doido de nada ti flipas,teño as miñas ideas e non teño que analizar nada a la ti ca tua cantinela,ti soiño te desacreditaches,¿E cales son os meus? sigues moi equivocado con respecto amin eu nome agarro como unha lapa a politica coma ti,porque no son,un saudo homiño.

estudiante · 29-10-2009 a las 13:10

A todos os efectos tanto ti como o médico sodes TRÁNSFUGAS. O caso é que nunca vos importou esto, pero ajora como en todos os medios están poñéndovos poderes a todos os tránsfugas, ti, escoria política, saes dicindo: «pueblo mio eu non son tránsfuga, eu non son coma os outros eu son unha boa persona».
O acordo último do parlamento de Galicia en esencia estima que os tránsfugas non volvades a figurar nunca máis en ningunha lista de ningún partido político, como apestados para a política que é o que sodes. Ademáis o parlamento de Galicia aprobou que a Xunta publique a lista dos concelleiros tránsfugas e dos que violaron o acordo antitransfugismo. Eu dubido que esto se cheje a facer pola Xunta, pero si o farán ben sejuro que ti e mailo médico estaredes nesa lista xunto co resto da escoria.
O Acordo sobre un código de conducta política en relación co transfugismo nas corporacións locais firmado por todos os partidos políticos do parlamento de España no seu punto primeiro di:
«A los efectos del presente Acuerdo, se entiende por tránsfugas a los representantes locales que, traicionando a sus compañeros de lista y/o de grupo -manteniendo estos últimos su lealtad con la formación política que los presentó en las correspondientes elecciones locales-, o apartándose individualmente o en grupo del criterio fijado por los órganos competentes de las formaciones políticas que los han presentado, o habiendo sido expulsados de éstas, pactan con otras fuerzas para cambiar o mantener la mayoría gobernante en una entidad local, o bien dificultar o hacer imposible a dicha mayoría el gobierno de la entidad»
Ti e mailo médico sodes dous TRÁNSFUGAS, porque así estades definidos. Eu non só non permitiría que forades en ningunha lista de partido político senón que deberian apartarvos da política de por vida.
Sodes ESCORIA POLITíCA. Sodes MERDA.

Tuso · 29-10-2009 a las 15:15

Polo de agora, e por moito que intenten (recordamos o dos «miembros y miembras») os partidos políticos do parlamento de España non son os que definen o idioma, nin teñen atribucións para cambiar o sentido das palabras según lles convén, por moito que o acorden entre eles.

Creo qeu esta carta aberta sobra, porque o tema foi sobradamente debatido no seu momento, e o que a quixo entender, endendeuna, e os que non, ahí siguen utilizando o de «transfuga» como un insulto.

Aínda así, á vista dos feitos, creo que o que traiciona algo aquí é o partido, porque estas persoas puxeran previamente as súas condicións (que parece que foron aceptadas), e ata o de agora non cambiaron de opinión en ningún momento (opinión que creo que foi a que lle dou os dous representantes, porque, cantos sacara este partido nas eleccións anteriores?).

tamén, para min, o que traiciona aquí é o partido, non eles, porque da a impresión de que se aprobeitaron do seu tirón de votos, e logo se desfixeron deles.

Eles non se apartaron do partido, creo que foi o partido o que os apartou, e non creo que pactaran con ninguén, senón que escolleron a solución menos mala tendo en conta os seus principios e as circunstancias (co que ademais evitaron traicionar á xente que os votou).

? mais, estou case seguro de que se os «tránsfugas» eses, para as próximas eleccións municipais volven a presentar unha lista independente, volven a sacar *polo menos* dous representantes. Será por iso que algúns queren que estes señores desaparezan da política?

Se se insiste en chamarlles tránsfugas a eles (por definición, a día de hoxe non se pode chamar tránsfuga ao partido que os traicionou a eles), eu penso que oxalá houbera máis así, que se mantiveran firmes nos seus principios (aínda que non coincidiran cos meus). Seguro que nos iría mellor que con esta tiranía dos partidos.

Por certo a frase: _Eu non só non permitiría que forades en ningunha lista de partido político senón que deberian apartarvos da política de por vida._ é puro talante democrático ;-).

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-10-2009 a las 15:31

Sigo a dicir, que a formación política aceptou as nosas condicións de que nunca apoiaríamos ao ex alcalde, «estudiante» (ou «bngpontecesures», que tamén utilizas ese alcume). Ben, logo non cumpriu, por un acordo posterior que quixo impoñernos e por iso afastounos das siglas.
Non enganamos a ninguén, e manifestamos que seguimos onde estabamos, que non tiñamos nin temos intereses ecoónomicos, ou de outro tipo, que influiran na nosa decisión.
Sobra xente que sí está en listas, que sí está nos partidos, que ten múltiples acusacións de corrupción.
Nós non violamos ningún acordo. Teriamos sí un gran cargo de concienza se posibilitamos a reelección dunha persoa que levou a cabo as prácticas denunciadas (falla de transparencia, incumprimento dos acordos plenarios, levantamento de sesións sen contestar ás preguntas da oposición, comidas con acompañantes sen xustificar, negativa a dar información con intervención do Valedor do Pobo, etc..). Iso é o importante, votar con liberdade, e ter a concienza tranquila.
Da o mesmo que me chames «merda» ou «escoria política». Comprendo o enfado dos nacionalistas dende o 16 de xuño de 2007, pero as defensas numantinas e as posturas incondicionais de apoio ás persoas para continuar no poder, sen outra análise, a min nunca me foron. A teoría da obediencia partidaria a cegas (ti tes que facer ou pactar isto, pase o que pase) debe superarse.

arredemo · 29-10-2009 a las 15:54

Si non quería aceptar o pacto BNG-PSdeG e seguir as pautas do partido que o acolleu e lle financiou a campaña electoral, Sr. Sabariz, o que debía ter feito e abandoar, devolver a acta de concelleiro ó partido polo que se presentou e deixar o seu posto a outro membro da lista.
Ese debería ter sido comportamento correcto dunha persoa que se vanagloria da súa ética política.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-10-2009 a las 17:28

Yo no me vanaglorio de nada, «arredemo». Pero no tengo porque esconderme. Tomamos la decisión el día 16 de junio de 2007, tras apoyarla los miembros de la lista prácticamente por unanimidad.
¿Sabes lo que ocurre?. Que el BNG de Pontecesures trata de extender el término tránsfuga como sinónimo de corrupción, de traición, de jugada sucia….Les gustaría vernos cohibidos, asustados o hundidos. Nada más lejos de la realidad. Explicamos las razones, seguimos opinando y no tenemos nada que esconder.

matacristos · 29-10-2009 a las 19:29

EU penso que e traición,e jugada sucia.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-10-2009 a las 19:49

Todo o mundo sabía, incluso antes das eleccións, que non iamos posibilitar a reelección do ex alcalde. O que pasa e que os seus defensores sempre pensaron que, á hora da verdade, nos achantaríamos. E non foi asi.

Responder a manolo o do bombo Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.