Pequeno incendio hoxe no monte de Porto.
Foi hoxe venres sobre ás 11 da maña. Estaba un home da Devesa queimando rastroxos no Monte de Porto, preto xa do Cagaxol, entre os termos de Cesures e Valga, e co forte vento «escapouselle» o lume.
O pequeno lume foi extinguido coa participación de operarios de Medio Rural. Tamén se personou no lugar Protección civil de Pontecesures, obreiros do noso municipio e a Policía Local de Valga.
0 comentarios