Sae á rúa o boletín nº3 do BNG de Pontecesures.
O boletín, que está a ser distribuído nas vivendas de Pontecesures, consta de 4 páxinas e leva na portada a frase de Manuel María «O idioma é a chave coa que abrimos o mundo, o salouco máis feble o pensar máis profundo».
No boletin aparecen reflectidos artigos que xa están neste medio e na prensa. son os seguintes:
-Esfúmase o comedor escolar.
-Encharcados polo bipartito.
-A Xunta anula un proxecto de 4 millóns de euros para a remodelación integral do peirao.
A rede wifi, prometida para finais de 2008, nin está operativa e nin cubrirá a maior parte do concello.
Crise, que crise?.
Na derradeira páxina aparece un artigo titulado «A contracapa» e que se titula «O nacionalismo reforza o veto da Xunta para que as caixas galegas non sexan absorbidas por nengunha entidade foránea».
Como teléfonos para contactar co BNG de Pontecesures figuran o 629/222905 e o 671/575909.
Como correo electrónico: bngpontecesures@hotmail.com
0 comentarios