Mañá 7 de xaneiro, Pontecesures honra ao seu patrón San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

? festivo local no municipio e ademais das bombas da primeira hora da mañá, ás 11 horas comezarán os pasarrúas da charanga Os Celtas de Negreira.

Ás 12.30 terá lugar na Igrexa Parroquial de Pontecesures a Misa Solemne cantada polo Coro a Barcarola de Pontecesures. De seguido sairá o santo en procesión arredor do templo.

Sobre ás 13:30 horas os veciños están convidados polo párroco Arturo Lores Santamaría a un viño e un aperitivo que será servido na Plazuela, coa animación da charanga Os Celtas.

Xa pola tarde, as 19 horas, terá lugar na Igresia Parroquial o III Festival de Corais organizado polo Concello de Pontecesures, co patrocinio de Caixanova. Participan a Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, a Coral Polifónica de Noia, a Coral Polífónica Padronesa e a Coral da Asociación «A Barcarola» de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.