Contestación aos socialistas cesureños sobre as críticas á Cabalgata de Reis.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1. Se ben o horario é o percorrido da Cabalgata de Reis era previsible, o horario da chegada de David Meca era imprevisible (de chegar, claro). De feito a organización tiña previsto un horario de chegada entre ás 17:30 e ás 18:00 horas, e chegou ás 19:30.

2. Eliminar parte do percorrido da Cabalgata e entregar os regalos sobre ás 18.30 horas no primeiro paso pola Plazuela tiña dous problemas:

a) Prexudicaría ás persoas das rúas San Lois, Sagasta, Victor García, Eugenio Escudero…. que dende sempre contemplaron o paso do desfile.

b) A esa hora só había un 30%, máis o menos, do número de persoas habitual que esperaba aos Reis Magos na Plazuela en edicións anteriores, porque a maior parte dos veciños de Pontecesures estaban no peirao. Sería tremendo que despois de chegar David Meca, moitos cesureños cos seus fillos viñeran a recibir aos reis e a recibir os agasallos que traían, e todo estivese rematado. Entón as críticas multiplicaríanse por moitas cifras.

3. Á coincidencia, a expectación e a curiosidade, desbordounos a todos esa tarde en Pontecesures, o cal é comprensible. De feito pedíronse desculpas no propio palco dunha cabalgata que preparamos coa ilusión de sempre. De feito o desfile saiu ben organizado, e tanto a recepción dos reis como a entrega dos paquetiños cos obsequios para os rapaces, tamén. Fíxemos todo o mellor que pudemos e coa mellor intención, tomando unhas decisións difíciles por como ían sucedéndose os acontecementos

4. O concello non foi o responsable da organización do remonte de David Meca, nin tivo nada que ver nin coa elección do día, nin co horario, nin coa seguridade, pero está moi agradecido á S.A de Xestión do Xacobeo por propiciar todo tipo de eventos para potenciar a Ruta Maritimo Fluvial Xacobea.

5. A crítica destructiva, e máis a touro pasado, sempre foi moi doada de facer. Os socialistas cesureños coa súa actitude lembran aquilo de que os luns, cos partidos xogados, tomo o mundo acerta a quiniela. O frío pasámolo todos. Hai que ter tamén un pouco de comprensión, polo excepcional da coincidencia de este tipo de eventos de masas nesta vila.

6. Para rematar, dicir que este concello quere agradecer ás persoas e ás asociacións que colaboraron na organización da cabalgata. Elaboraron as carrozas e participaron activamente en organizar o desfile de xeito desinteresado. Iso hai que valoralo na súa medida. Moitas grazas.

Pontecesures, 08/01/10
Goberno local de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.