Elaborado o proxecto da obra do albergue de peregrinos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Tras adxudicar a SA de Xestión do Plan Xacobeo o proxecto de referencia foi presentado o documento por parte do arquitecto adxudicatario, Carlos Besada Ferreiro. A obra ten un importe de 360.000 euros e un prazo de execución de seis meses.

O proxecto vai ser enviado ao concello coa correspondente solicitude de licenza municipal. A obra vai ser adxudicada pola SPI (Sociedade Pública de Investimentos S.A.), esperando o concello que se activen todos os tramites en materia de contratación para que a actuación sexa unha realidade canto antes.

Lémbrase que o Concello de Pontecesures acordou a cesión gratuita á SA de Xestión do Xacobeo dos terreos onde se atopan as antigas vivendas dos mestres do CPI Pontecesures, que se atopan practicamente en ruína, para construir un albergue de peregrinos que se estima moi importante para este municipio.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.