Louzán e a secretaria provincial do PP reunirase coas xuntas locais para nomear candidatos para as municipais.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra, Begoña Estévez, salientou hoxe que o obxectivo do PP de cara ás vindeiras eleccións municipais de 2011 non se vai centrar ??en descabezar a ningún outro grupo político, xa que para iso xa se bastan eles sós coa súa xestión?, senón en tratar de ofrecer en todos e cada un dos concellos da provincia os mellores equipos e os mellores programas.

Nunha rolda de prensa previa á segunda reunión do Comité de Dirección do PP provincial, na que se comezaron a perfilar os prazos e as estratexias para a designación dos candidatos de cara ás vindeiras eleccións municipais, Estévez incidiu en que a ??idea dos populares como partido é ofrecer solucións reais e concretas para cada un dos concellos en función das súas necesidades?.

Con este obxectivo, membros da directiva provincial do PP, encabezados polo propio presidente do partido, Rafael Louzán, e a secretaria xeral, están realizando desde o mes de xaneiro reunións con todas as xuntas locais dos concellos, co obxectivo de recoller as súas demandas e escoitar a percepción que os militantes e afiliados teñen das necesidades de cada localidade.

Segundo asegurou Begoña Estévez ??esta é a única maneira de manter vivo o partido? e facilita, ademais, a elaboración de ??alternativas de goberno claras para resolver os problemas de cada concello?. A secretaria xeral do PP recalcou que ??a nós non nos sobra ninguén nin temos fixación persoal con ningunha cabeza visible doutro partido, porque o que queremos é centrarnos nas propostas que imos facer e nesa liña estamos a traballar?.

CANDIDATURAS
Con respecto ás candidaturas para os próximos comicios municipais, o PP provincial traballa coa idea de combinar a experiencia coa renovación o que, segundo asegurou Estévez, implicará cambios nas cabezas de lista de varios municipios.

Esta foi, precisamente, unha das liñas de traballo do Comité de Dirección celebrado esta tarde, no que se comezaron a perfilar ??aqueles concellos onde pode haber un posible cambio de candidatos ou a incorporación dalgunha persoa nova, co obxectivo de marcar o camiño e delimitar que concellos son os máis urxentes e en cales se require dunha actuación máis inmediata?.

Páxina oficial do PP de Pontevedra
03/03/10


1 comentario

o xudío · 8-03-2010 a las 21:55

Predica, Begoña, Predica, en Cesures no afecta, estamos pefectamente bien representados ¿quien tiene material suficiente para tumbar a Rafa Randulfe?, nadie. Después de tantas cosas como está haciendo, tiene todo el pueblo en obras, aunque la gente dice que es Maribel, pero si no fuera por Rafa, aquí nada de nada, él lo es todo, ¡y lo sabe!, de esta se recupera despues de bajar tanto en las últimas elecciones, seguramente para las próximas dará la nota , al tiempo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.