Jacobo Fernández imparte un taller de cómic en la biblioteca de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Hoxe mércores, 28 de abril, ás 17:00 horas e dentro deste programa cofinanciado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Pontecesures, terá lugar na Biblioteca Municipal de Pontecesures un obradoiro de banda deseñada, dirixido por Jacobo Fernández Serrano, e destinado aos alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Pontecesures.

Neste obradoiro repasaranse algúns dos elementos da linguaxe do cómic e a posta en marcha destes elementos debuxando unha páxina.

O Concello de Pontecesures quere potenciar esta serie de actos educativos na biblioteca municipal da rúa Raimundo García Domínguez «Borobó».


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.