As sesións da internet na biblioteca de Pontecesures chegan a 2.066 neste ano.
Dende o comezo de ano, ata o día de hoxe, 6 de setembro, lévanse contabilizadas na biblioteca de Pontecesures, un total de 2.066 sesións de internet nos sete equipos con que conta a instalación. ? unha boa cifra e hai que engadir ademais os numerosos usuarios que veñen cos ordenadores portátiles ao contarse co sistema WIFI no edificio (navegan tanto dentro como fóra do edificio).
O goberno local quere potenciar o uso da biblioteca, e así, infórmase que neste curso escolar 2010/2011 a instalación estará aberta pola mañá e pola tarde (a partir do día 15 de setembro, de 9 a 15 horas de luns a sábados e de 16 a 20 horas de luns a venres).
Tamén hai que dicir que están moi avanzadas as obras de mellora do edificio da biblioteca e do seu entorno. Imos contar con entrada para discapacitados, practicamente está recuperado o local do semisoto, hai unha nova cuberta con baixantes e canalóns, etc…
En breve daremos os datos do préstamos de libros e doutros servizos.
0 comentarios